Salgueiro de follas de amendoeira
Salgueiro de follas de amendoeira | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Salix triandra, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Salix triandra' L., 1753 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O salgueiro de follas de amendoeira[1] Salix triandra, é unha especie botánica de salgueiro nativa da rexión eurasiática. Aparece en Galiza no treito final da bacía do río Miño.
Descrición
É unha arboriña de 4–6 m, chegando a 10 m. É ramificado dende a base, plenamente ascendente. Ten follas simples, alternas, de 2–9 cm x 0,5–2 cm; lanceoladas a oblongo lanceoladas, transovadas lanceoladas, serradas, verdosas intensas e lustrosas pola face, pálidas e glaucas polo envés. O froito é unha cápsula ovada cónica, pedicelada, verde e glabra (sen vilosidase). A súa floración é a finais da primavera.
Hábitat
Prospera entre 50 e 1.800 msnm. Non amosa preferencia por ningún solo. É de media luz. Medra mellor con humidade edáfica constante; non soportando temperaturas extremas.