Say You're One of Them
Libro de Uwem Akpan
Say You're One of Them é unha colección de historias curtas escritas polo nixeriano Uwem Akpan, que foi publicada en 2008. Contén cinco historias, cada unha ambientada nun país africano diferente. Esta colección gañou o Premio Commonwealth Writers de 2009 (rexión de África) e o Premio Beyond Margins de 2009.
Say You're One of Them | |
---|---|
Título orixinal | Say You're One of Them |
Autor/a | Uwem Akpan |
Orixe | ![]() |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Historias curtas |
Editorial | Abacus |
Data de pub. | 2008 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 294 |
ISBN | ISBN 9780349120638 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Stories
- "An Ex-Mas Feast": conta a historia dende o punto de vista dun neno dos suburbios de Nairobi. O neno dálle pegamento para que súa nai o nifre, e así calmar a fame, mentres que a súa irmá de doce anos traballa como prostituta e contempla abandonar a súa familia.[1]
- "Fattening for Gabon": é unha relato sobre un neno de 10 anos e a súa irmá máis nova cuxos pais morreron por mor da SIDA. Nun principio, estaban felices por ser acollidos polo seu tío, mais o neno comeza a decatarse pouco a pouco que el e a súa irmá van a ser vendidos para a escravitude. O pago por eles dous, unha moto nova, xa lle foi dado ó tío e o trato xa non pode ser cancelado.[2]
- "My Parents’ Bedroom": ambientado en Ruanda e escrito en primeira persoa, conta a historia dunha nena que se agocha no teito do cuarto dos seus pais mentres que os adultos da súa vila e de zonas veciñas toman parte nunha brutal matanza.
- "Luxurious Hearses": conta a historia dun rapaz musulmán de Nixeria, disfrazado de cristián, que trata de chegar a unha área segura en medio de disturbios masivos entre membros das dúas relixións.[3]
- "What Language is That?": é a historia de dúas nenas de Etiopía, unha cristiá e outra musulmá, que son obrigadas a desfacer a súa amizade por mor da tensión relixiosa da súa comunidade.
Notas
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial