Serra do Mar

serra do litoral sur e sueste do Brasil

A Serra do Mar é un sistema montañoso de 1 500 km de longo que se atopa no sueste do Brasil. Esténdese dende o leste cara ao sur do país, dende o Estado de Río de Xaneiro até o norte do Estado de Santa Catarina.[1] O punto máis elevado é o pico Maior de Friburgo, cunha altura de 2 310 metros.

Serra do Mar
Serra do Mar
Serra do Mar en Brasil
Serra do Mar
Serra do Mar
Localización da serra.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Brasil
LocalizaciónSão Paulo e Paraná, Brasil
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador893rev

Debido ao seu valor xeolóxico, a riqueza da súa fauna e flora, parte do treito paulista da serra do Mar foi protexido polo Condephaat e foi incluído no Patrimonio Histórico do Estado de São Paulo o 6 de xuño de 1985.[2]

De acordo co artigo 225, §4.º da Constitución do Brasil, a Serra do Mar, a selva amazónica, a mata atlántica, o Pantanal Mato-Grossense e a zona costeira constitúen patrimonio nacional.[3] Unha parte da serra do Mar foi declarada en 1999 Patrimonio da Humanidade, como parte do sitio "Reserva de mata atlántica do sueste» (ref. 893rev).

Notas

Véxase tamén