Skylab 3

Skylab 3 foi a segunda misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 28 de xullo de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Skylab 3
Saturno IB da misión Skylab 3
TipoTripulada
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento28 de xullo de 1973, 11:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSaturno IB[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónViaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6]
Regreso25 de setembro de 1973[1]
NSSDC ID1973-050A
Masa20.121,0 kg[2][5][6]

Características

Skylab 3 continou as tarefas de reparación comezadas coa misión Skylab 2. A nave Apolo nada que viaxaba a tripulación sufriu dun escape de oxidante no circuíto dos propulsores de control de reacción, pero non causou máis problemas tras illarse o circuíto e usar o de apoio, aínda que un problema similar ocorreu noutro circuíto antes do final da misión. Durante a misión instalouse un escudo solar e realizáronse experimentos científicos e médicos. Sustituironse tamén as películas da cámara do telescopio Apolo. Os astronautas da misión, Alan Bean, Owen K. Garriott (que volvería ó espazo na lanzadeira Columbia)[7] e Jack Lousma, sufriron de mareo espacial durante os tres primeiros días de misión.[2][3][4][5]

A misión Skylab 3 rematou o 25 de setembro de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas no interior amarou no océano Pacífico a uns 300 km ao oeste de San Diego (California). Aos astronautas recolleunos o buque USS New Orleans e devolveunos sans e salvos a terra.[1]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos