Snotra

deusa asociada coa sabedoría na mitoloxía nórdica

Na mitoloxía nórdica, Snotra (antigo nórdico "intelixente"[1]) é unha deusa asociada coa sabedoría. Snotra soamente aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson.

Þrettánda Snotra, hon er vitr ok látprúð. Af hennar heiti er kallat snotr kona eða karlmaðr sá er vitr maðr er. [1]
"A décimo terceira [das Ásynjur] é Snotra. Ela é sabia e grácil. Por ela, unha muller ou home sabio é chamado snotr."

Debido á falta de evidencias noutras fontes, suxeriuse que Snotra ben podería ser unha invención de Snorri Sturluson, aínda que tamén é probable que Snorri tivese acceso a unha auténtica tradición oral que non se recollese en ningunha outra fonte.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos