Soiuz TMA-8

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-8 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 30 de marzo de 2006 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-8
Parche da misión Soiuz TMA-8.
TipoTripulada
Data de lanzamento30 de marzo de 2006, 2:30 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión182,95 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso29 de setembro de 2006[1][5]
NSSDC ID2006-009A
Masa7250 kg[5]

Características

Soiuz TMA-8 foi lanzada cos cosmonautas Marcos Pontes, Pavel Vinogradov e Jeffrey Williams a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Zaria e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-121 (o primeiro voo dun transbordador despois do accidente do Columbia) e STS-115 e dos cargueiros Progress M-56 e Progress M-57. Regresou o 29 de setembro de 2006 con Vinogradov, Williams e Anousheh Ansari.[2][3][4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos