Sterling Brown

baloncestista estadounidense

Sterling Damarco Brown, nado o 10 de febreiro de 1995 en Maywood, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Alba Berlín da Basketball Bundesliga. Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e escolta.

Sterling Brown
Alba Berlin  – No. 0
Información persoal
Nacemento10 de febreiro de 1995 (29 anos)
Maywood, Illinois
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial99 kg (219 lb)
PosiciónAla / Escolta
Información da carreira
InstitutoProviso East (Maywood, Illinois)
UniversidadeSMU (2013–2017)
NBA Draft2017 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Philadelphia 76ers
Carreiradende 2017
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2017–2020)
→ Wisconsin Herd (2017–2018)
Houston Rockets (2020–2021)
Dallas Mavericks (2021–2022)
Raptors 905 (2022–2023)
Los Angeles Lakers (2023)
Raptors 905 (2023)
Alba Berlin (2023–presente)

Traxectoria profesional

Brown foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo de 2017, os 76ers traspasaron os seus dereitos do Draft ós Milwaukee Bucks.[1] Brown debutou na NBA o 20 de outubro de 2017 contra os Cleveland Cavaliers, facendo tres puntos en seis minutos de xogo.[2]

O 26 de novembro de 2020, Brown asinou cos Houston Rockets.[3]

O 10 de agosto de 2021, Brown asinou cos Dallas Mavericks.[4] Debutou cos Mavericks o 21 de outubro de 2021, facendo tres puntos na derrota dos Mavericks por 87–113 contra os Atlanta Hawks.[5]

O 24 de xuño de 2022, os Mavericks traspasaron a Brown xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Marquese Chriss e os dereitos do Draft de Wendell Moore Jr. ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[6] O 30 de setembro de 2022, os Mavericks traspasaron de novo a Brown, xunto a David Nwaba, Trey Burke e Marquese Chriss ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft.[7] O 2 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Brown.[8]

O 6 de xaneiro de 2023, Brown asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Lakers,[9] e participou en catro partidos cos Lakers antes do remate do seu contrato e asinar cos Raptors 905 da NBA G League.[10]

O 14 de agosto de 2023, Brown asinou co Alba Berlín da Basketball Bundesliga.[11]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas