Sufismo

O sufismo[1] ou taṣawwuf (árabe, تصوّف) é definido polo seus seguidores como a dimensión mística e interior do islam.[2][3][4] Un practicante desta tradición acostuma chamarse ṣūfī (صُوفِيّ) ou derviche.

Características

Os estudos clásicos sufís definiron o sufismo como "unha ciencia cuxo obxectivo é reparar o corazón e afastalo de todo o que non sexa Deus."[5] Ou ben, en palabras do mestre sufí darqawi Ahmad ibn Ajiba, "unha ciencia a través da cal se pode coñecer como introducirse na divina presenza, purificar o propio interior da sucidade, e embelecelo con diversas características loables."[6]

Os sufís clásicos foron caracterizados polo seu apego ao dhikr (unha práctica que consiste en repetir os nomes de Deus) e o ascetismo. O sufismo gañou adeptos entre moitos musulmáns como reacción ao comportamento mundano do primeiro Califato Omeia (661-750 d.C.[7]). Os sufís abarcaron varios continentes e culturas ao longo dun milenio, expresándose primeiro en árabe, logo en persa, turco e unha ducia de linguas máis.[8] Os "mandatos" (ṭuruq), que proveñen da doutrina sunnita ou xiíta ou de ámbalas dúas mesturadas [9], calcan moitos dos preceptos orixinais do profeta islámico Mahoma a través do seu curmán ‘Alī, coa notable excepción do Naqshbandi, quen traza a súa orixe a través do primeiro califa, Abu Bakr.[10] Outras escolas de sufismo exclusivas descríbense a si mesmas como marcadamente sufís.[11]

De acordo con Idries Shah, a filosofía sufí é de natureza universal, as súas raíces preceden ao ascenso do islam e as outras relixións modernas, agás quizais o hinduísmo e os seus derivados, o budismo e o xainismo; así mesmo, algúns musulmáns consideran o sufismo fóra da esfera do islam.[2][12] Así e todo, os principais estudosos do islam opinan que simplemente é o nome da dimensión interior e esotérica do islam.[2]

Irmandades (turuq)

O sufismo e os seus practicantes están agrupados en distintas irmandades (tariqa, en plural turūq) que perseguen a purificación da alma humana (nafs), a consecución do coñecemento divino (ma'arifa) e a realización da Realidade Divina (haqīqa), a través das ensinanzas espirituais que brinda a Revelación (o Corán e a sunna principalmente), de manera secundaria aos ditos e experiencias doutros profetas e os santos, e a práctica dun camiño espiritual a través da guía dun mestre autorizado que posúe unha cadea iniciática (silsila).

As diferenzas entre elas débense máis que a unha cuestión de principios ás características especiais que lles infunden os grandes mestres de cada cadea iniciática.

Desenvolvemento histórico

Seguindo as etapas que propón M. Sells[13] os períodos históricos do islam poden dividirse en:

  1. Fase pre-sufí, que inclúe a espiritualidade inicial, baseada no Corán, os elementos esenciais do islam e a viaxe nocturna do profeta (miraŷ).
  2. Período temperán, que inclúe as narracións das primeiras xeracións como Hasan al-Basrī (f. 728), Dhu l-Nun o Exipcio (f. 864), Rabia al Adawiyya (f. 801), Abu Yazid al-Bistami, al-Muhasibi, Yunayd, Abu Talib al-Makki e al-Hakim al-Tirmidhi. As súas palabras e os seus textos foron transmitidos de forma masiva a través de referencias en textos posteriores. Para Sells este período inclúe dende Hasan al-Basra ata Niffari (f. 965).
  3. Época formativa da literatura e a ciencia, que abrangue dende al-Sarrāŷ (f. 1273) ata Ibn 'Arabī (f. 1240), e marca o final do período clásico ou de formación.
  4. Período moderno, no que se estruturan as diferentes escolas ou irmandades (turuq).
  5. Período contemporáneo, dende a fin da formación dos turuq máis vellos ata a actualidade.

Esta clasificación das diferentes etapas coinciden coas que expoñen outros autores como D. Gril e E. Geoffroy,[14] que fai máis fincapé no período de formación dos turuq, ou Annemarie Schimmel.[15] Con todo, este tipo de clasificacións son inexactas, e non deben considerarse máis que un guión ou ferramenta para entender o discorrer histórico do sufismo.

Xiísmo e sufismo

A realidade do xiísmo e o sufismo como aspectos integrantes da revelación islámica é dunha claridade demasiado cegadora como para facer caso omiso dela ou xustificala sobre a base dun tendencioso argumento histórico.

Aínda que o xiísmo e o sufismo en exotérica teñen parecido, hai profundas diferenzas. Tamén o sufismo na esotérica ten parecido co sunnismo, e pódese dicir que a gnosis islámica cristalizou na forma do sufismo no mundo sunní, mentres encheu toda a estrutura do xía, especialmente durante a súa primeira época.

Segundo a opinión dalgúns sunníes, o sufismo presenta parecidos co xiísmo e mesmo asimilou aspectos deste. Así mesmo un sabio como Ibn Khaldun di: " os sufíes empapáronse das teorías da xiíta. Ditas teorías penetraron tan profundamente nas súas ideas relixiosas que basearon a súa propia práctica de usar manto no feito de que Alí revestiu a Al-Hasan al-Basri con ese vestiario e fixo que se adherira solemnemente á senda mística. A tradición foi continuada, segundo os sufíes, por Al-Junaid, un dos sabios sufíes". Os xiítas cren que o xiísmo é a base do que logo chegou a coñecerse como sufismo.[16]

A seita do sufismo non ten Xaria (Lei) particular, só é unha vía espiritual que se chama Tariqah (Camiño), e é como a seita suní el Maliki ou el Shafei. Pero os xiítas cren que tanto Shariah coma Tariqah son importantes no islam; ademais a crenza do xiísmo sobre Tariqah é diferente, os xiítas din que temos que aprender a maneira de vida do profeta Mahoma e a dos imáns.[17]

Arquitectura sufí

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: