Taxa de mortalidade

A mortalidade é un termo demográfico que designa un número proporcional de mortes nunha poboación e tempo determinado.

Así, defínese a taxa bruta de mortalidade coma o indicador demográfico que sinala o número de defuncións dunha poboación por cada mil habitantes, durante un período de tempo determinado, xeralmente un ano.

Taxa bruta de mortalidade = (Defuncións/Poboación) x 1000
Taxa bruta de mortalidade por país

Considérase:

  • Alta taxa de mortalidade se supera o 30.
  • Moderada taxa de mortalidade entre 15 e 30.
  • Baixa taxa de mortalidade por baixo do 15.

Xeralmente nos países menos desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis alta, mentres que nos máis desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis baixa.

A taxa de mortalidade está inversamente relacionada coa esperanza de vida ó nacer, de tal xeito que canta máis esperanza de vida teña un individuo no seu nacemento, menos taxa de mortalidade ten a poboación.

Do mesmo xeito que hai taxas brutas de mortalidade hai taxas específicas de mortalidade, que son as taxas específicas para cada idade.

Mortalidade en España

En España no ano 2004 a taxa de mortalidade se situaba no 8,71, e a taxa de mortalidade infantil no 3,99, fonte INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos: [1].

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foronFonte: CNE, Centro Nacional de Epidemioloxía. [2][Ligazón morta]:

  • Para homes, os principais grupos de causas de mortalidade foron os tumores (orixe do 32,50% do total das defuncións), enfermidades do sistema circulatorio (29,63%), enfermidades do sistema respiratorio (11,85%), causas externas (5,91%) e enfermidades do sistema dixestivo (5,34%).
  • Para homes, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron a isquemia cardíaca (11,56%), o cancro de pulmón (8,63%), enfermidades cerebro-vasculares (7,91%) e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (5,99%).
  • Para mulleres, os principais grupos de causas de mortalidade foron as enfermidades do sistema circulatorio (39,86%), os tumoré (21,47%), enfermidades do sistema respiratorio (8,79%) e enfermidades do sistema dixestivo (4,87%).
  • Para mulleres, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron as enfermidades cerebro-vasculares (12,68%), a isquemia cardíaca (9,70%), a insuficiencia cardíaca (7,36%) e outras enfermidades do corazón (5,05%).

Véxase tamén

🔥 Top keywords: