Tetróxido de dinitróxeno

composto químico
(Redirección desde «Tetróxido de nitróxeno»)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

O tetróxido de dinitróxeno, referido tamén como tetróxido de nitróxeno, é un composto químico de fórmula N2O4. É un axente reactivo útil en síntese química. Forma un equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno. A súa masa molar é de 92,011 g/mol.

Tetróxido de dinitróxeno
Dióxido de nitróxeno a diferentes temperaturas

O dióxido de nitróxeno a −196 °C, 0 °C, 23 °C, 35 °C e 50 °C. O (NO
2
) convértese en tetróxido de dinitróxeno incoloro (N
2
O
4
) a baixas temperaturas e reverte a NO
2
a temperaturas máis altas.
Identificadores
Número CAS10544-72-6
PubChem25352
ChemSpider23681
UNIIM9APC3P75A
Número CE234-126-4
Número UN1067
ChEBICHEBI:29803
Número RTECSQW9800000
Referencia Gmelin2249
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularN2O4
Masa molecular92,011 g/mol
AspectoLíquido incoloro, gas laranxa
Densidade1,44246 g/cm3 (líquido, 21 °C)
Punto de fusión−112 °C; −170 °F; 161 K
Punto de ebulición2 169 °C; 3 936 °F; 2 442 K
Solubilidade en augaReacciona ata formar ácidos nítrico e nitroso
Presión de vapor96 kPa (20 °C)[1]
Susceptibilidade magnética (χ)
−23,0·10−6 cm3/mol
Índice de refracción (nD)1,00112
Estrutura
Forma da moléculaPlana, D2h
Momento dipolarpequeno, distinto de cero
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación ΔfHo298
+9,16 kJ/mol[2]
Entropía molar
estándar So298
304,29 J/K⋅mol[2]
Perigosidade
Pictogramas GHSGHS03: OxidantePictograma da bombona de gas no sistema GHSPictograma da corrosión no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)

GHS06: TóxicoPictograma do signo de exclamación no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)

Palabra sinal GHSDanger
NFPA 704
0
3
0
Punto de inflamabilidadeNon inflamable

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O tetróxido de dinitróxeno é un oxidante moi potente. É hipergólico (reacciona espontaneamente) en contacto con varias formas de hidracina, formando xuntos unha combinación de propelente para foguetes.

Estrutura e propiedades

O tetróxido de dinitróxeno pode considerarse como a unión de dous grupos nitro (-NO2). Mantensen en equilibrio de mestura co dióxido de nitróxeno.[3] A molécula é plana cunha distancia de ligazón entre nitróxenos de 1,78 Å e entre nitróxenos e osíxenos de 1,19 Å. A distancia entre N-N correspóndese cunha ligazón débil ao ser significativamente maior que a ligazón media entre nitróxenos soltos, de 1,45 Å.[4] Isto resulta na deslocalización simultánea do par de electróns de ligazón ó longo de toda a molécula e unha repulsión electrostática considerable dos orbitais moleculares doblemente ocupados de cada NO2[5].

A diferenza do NO2, o N2O4 é diamagnético ao non ter electróns desaparellados[6]. O líquido é incoloro pero podo adquirir tons marróns e amarelos debido á presenza de NO2.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos