The Road (filme de 2009)
The Road é un filme dirixido por John Hillcoat e escrito por Joe Penhall. Baséase na novela homónima de Cormac McCarthy publicada no 2006. Está protagonizado por Viggo Mortensen e Kodi Smit-McPhee como un pai e o seu fillo nun páramo postapocalíptico. A rodaxe realizouse en Pensilvania, Luisiana e Oregón. Foi estreado o 25 de novembro de 2009 nos cines dos Estados Unidos, e o 4 de xaneiro de 2010 nos do Reino Unido.[2][3]
The Road | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Road |
Director | John Hillcoat |
Produtor | Nick Wechsler Steve Schwartz Paula Mae Schwartz |
Guión | Joe Penhall |
Baseado en | A estrada de Cormac McCarthy |
Intérpretes | Viggo Mortensen Kodi Smit-McPhee Charlize Theron Robert Duvall Guy Pearce Molly Parker Michael K. Williams Garret Dillahunt |
Música | Nick Cave Warren Ellis |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | Jon Gregory |
Estudio | 2929 Entertainment |
Distribuidora | Dimension Films The Weinstein Company |
Estrea | 25 de novembro de 2009 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $25 000 000[1] |
Recadación | $27 635 305 |
Na rede | |
Sinopse
Un home sen nome e o seu fillo loitan pola supervivencia despois dunha catástrofe apocalíptica (cuxa orixe está sen determinar) que deixou o planeta Terra nun deserto invernal de natureza morta. Durante a súa viaxe cara ao sur da costa americana buscan alimentos, refuxio e calquera cousa de utilidade, evitando constantemente ós bandidos e caníbales que acosan ós superviventes. Durante todo o filme, o pai tenta ensinarlle valores morais ó seu fillo, e como sobrevivir e manter o xuízo nun mundo cunha sociedade sen unións nin esperanza.
Personaxes
No filme, ningún dos personaxes ten nome, e nos créditos, simplemente aparece o seu papel no canto do nome.[4]
- Viggo Mortensen como Home: Mortensen describiu a interacción do pai co fillo como: "Eles están neste difícil viaxe, e basicamente, é o pai o que aprende do fillo.[5]
- Kodi Smit-McPhee como Rapaz: No Festival de Cine de Londres, Mortensen explicou que Smit-McPhee foi un dos catro finalistas para o papel. Smit-McPhee foi escollido de xeito unánime, en particular porque semellaba ser novo, inocente e sabio os seus poucos anos[6]
- Charlize Theron como Muller, a esposa do Home (aparece nos saltos de tempo cara a atrás): Theron era unha fan do libro e xa traballara co produtor Nick Wechsler no filme The Yards (2000).[7] A muller ten un papel meirande no filme ca no libro.[8]
- Robert Duvall como Home vello (di chamarse Ely; o único nome propio dun personaxe do filme)
- Guy Pearce como Veterano, home que vaga coa súa familia
- Molly Parker como Muller maternal, esposa do veterano
- Michael Kenneth Williams como Ladrón
- Garret Dillahunt como Membro da banda
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial Arquivado 26 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)