The Witch (filme de 2015)
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
The Witch | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Robert Eggers |
Produtor | Rodrigo Teixeira Daniel Bekerman Lars Knudsen Jodi Redmond Jay Van Hoy |
Guión | Robert Eggers |
Intérpretes | Anya Taylor-Joy Ralph Ineson Kate Dickie Harvey Scrimshaw Ellie Grainger Lucas Dawson |
Música | Mark Korven |
Fotografía | Jarin Blaschke |
Montaxe | Louise Ford |
Estudio | Parts and Labor Rooks Nest Entertainment RT Features |
Distribuidora | A24 |
Estrea | Sundance: 27 de xaneiro de 2015 19 de febreiro de 2016 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos Canadá |
Xénero | Terror |
Orzamento | $1 000 000[1] |
Recadación | $37 900 000[2] |
Na rede | |
http://thewitch-movie.com/ | |
The Witch (estilizado como The VVitch, e subtitulado A New-England Folktale) é un filme estadounidense-canadense[3][4] de terror psicolóxico sobrenatural escrito e dirixido por Robert Eggers, que se estreou no 2015. É o primeiro filme do director e conta a historia dunha familia puritana que se enfronta ás forzas do demo que habitan nos bosques a carón da súa granxa de Nova Inglaterra, forzas que ben puideran ser reais ou imaxinarias.
O filme foi estreado no festival de Sundance o 22 de xaneiro de 2015, e foi amplamente distribuído por A24 o 19 de febreiro de 2016. Recibiu boas críticas e acadou unha recadación de máis de $37 millóns sobre un orzamento de $1 millón.[2]