Saltar ao contido

Theodor Kallifatides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTheodor Kallifatides (Θοδωρής Καλλιφατίδης)
Nome orixinal(el) Θοδωρής Καλλιφατίδης Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo do 1938
Molaoi, Grecia
Datos persoais
País de nacionalidadeGrega e sueca
Grupo étnicoGregos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estocolmo
Actividade
OcupaciónEscritor, guionista, dramaturgo
Período de actividadeSéculos XX e XXI
EmpregadorUniversidade de Estocolmo Editar o valor em Wikidata
LinguaSueco
Familia
FillosMarkus Kallifatides (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0436004 Allmovie: p317235
Musicbrainz: b5fc8adb-c973-422e-9366-89a0ec3109c6 Discogs: 4055356 Editar o valor em Wikidata


Theodor Kallifatides (grego: Θοδωρής Καλλιφατίδης), nado en Molaoi o 12 de marzo do 1938, é un escritor sueco de orixe grega.[1][2]

Biografíaeditar a fonte

Kallifatides naceu na vila de Molaoi, na rexión grega de Laconia, no ano 1938. O seu pai, Dimitrios Kallifatides, era un profesor orixinario do Ponto, e a súa nai, Antonia Kyriazakou, era natural de Molaoi. No 1946, a familia trasladouse a Atenas, onde Kallifatides fixo a secundaria.[3] Tamén foi estudante da escola de teatro de Karolo Koun.[3]

No 1964, emigrou a Suecia, onde vive dende entón. Licenciouse en Filosofía e, entre o 1969 e o 1972, foi profesor na Universidade de Estocolmo.[3] Tamén foi director da revista literaria Bonniers, do 1972 ao 1976.

Obraeditar a fonte

A literatura de Kallifatides adoita xirar arredor das súas experiencias en Grecia e como emigrante.[3] Malia debutar no 1969 como poeta, é recoñecido sobre todo polas súas novelas. Tamén escribiu ensaios de viaxe, obras de teatro e guións cinematográficos. Así mesmo, dirixiu varias películas. As súas obras recibiron numerosos premios, e foron traducidas a máis de vinte linguas.[3][4]

Bibliografíaeditar a fonte

Poesíaeditar a fonte

  • Minnet i exil: dikter (1969)
  • Tiden är inte oskyldig: dikter (1971)

Novelaseditar a fonte

Novelas independenteseditar a fonte

  • Utlänningar (1970)
  • Bönder och herrar (1973)
  • Plogen och svärdet (1975)
  • Den sena hemkomsten. Skisser från Grekland (1976)
  • Den grymma freden (1977)
  • Kärleken (1978)
  • Mitt Aten (1978)
  • En fallen ängel (1981)
  • Brännvin och rosor (1983)
  • Människor, skolböcker, minnen (1986)
  • Lustarnas herre (1986)
  • En lång dag i Athen (1989)
  • Sidospår (1991)
  • Vem var Gabriella Orlova? (1992)
  • Cypern: en resa till den heliga ön (1992)
  • Ett liv bland människor (1994)
  • Svenska texter (1994)
  • Det sista ljuset (1995)
  • Afrodites tårar: om gamla gudar och eviga människor (1996)
  • De sju timmarna i paradiset (1998)
  • För en kvinnas röst: en kärleksdikt (1999)
  • Ett nytt land utanför mitt fönster (2001)
  • En kvinna att älska (2003)
  • Herakles (2006)
  • Mödrar och söner (2007)
  • Vänner och älskare (2008)
  • Slump: kollektiv roman (2008)
  • Det gångna är inte en dröm (2010)
  • Brev till min dotter (2012)
  • Med sina läppars svalka (2014)
  • Ännu ett liv (2017)
  • Slaget om Troja (2018)

Triloxía policíaca Kristina Vendeleditar a fonte

  • Ett enkelt brott (2000)
  • Den sjätte passageraren (2002)
  • I hennes blick (2004)

Filmografíaeditar a fonte

Como realizador y guionista

  • Kärleken (1980)

Como guionista

  • Jag heter Stelios (1972) de Johan Bergenstråhle

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial