Tomáš Satoranský

baloncestista checo

Tomáš Satoranský, nado o 30 de outubro de 1991 en Praga, é un xogador profesional de baloncesto checo que xoga no FC Barcelona da Liga ACB. Mide 2,01 metros e xoga nas posicións de base e escolta.

Tomáš Satoranský
FC Barcelona  – No. 13
Información persoal
Nacemento30 de outubro de 1991 (32 anos)
República Checa Praga, Checoslovaquia
NacionalidadeRepública Checa República Checa
Altura2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial95 kg (210 lb)
PosiciónBase / Escolta
Información da carreira
NBA Draft2012 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Washington Wizards
Carreira2007–presente
Historial de equipos
USK Praha (2007–2009)
Sevilla (2009–2014)
FC Barcelona (2014–2016)
Washington Wizards (2016–2019)
Chicago Bulls (2019–2021)
New Orleans Pelicans (2021–2022)
San Antonio Spurs (2022)
Washington Wizards (2022)
FC Barcelona (2022–presente)

Traxectoria

En 2009 asinou co CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou durante cinco tempadas. Satoranský foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Washington Wizards.[1]

En xullo de 2014, Satoranský asinou un contrato de dous anos co FC Barcelona da Liga ACB.[2]

O 21 de xullo de 2016, Satoranský asinou cos Washington Wizards,[3] onde permaneceu até 2019. Após pasar por varios equipos da NBA, en 2022 regresou ao FC Barcelona.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas