Tour Down Under 2018

2017 << Tour Down Under 2018 >> 2019
Clasificacións6 etapas, 783,8 km
- Xeral Daryl Impey
- Puntos Peter Sagan
- Montaña Nicholas Dlamini
- Xoves Egan Bernal

A 20º edición do Tour Down Under , oficialmente 2018 Santos Tour Down Under, disputouse nos arredores de Adelaida, Australia entre os días 16 e o 21 de xaneiro de 2018. Esta proba, coma todos os anos, foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2018.

A carreira comezou en Port Adelaide e logo dun percorrido de 783,8 quilómetros marcados pola intensa calor[1] rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, co habitual final en alto no outeiro de Willunga.

O gañador foi o surafricano Daryl Impey, que acabou igualado a tempos co local Richie Porte, pero que venceu por ser moito máis regular nas posicións ao final das tiradas, logrando así o característico xersei ocre da proba austral. No terceiro posto da xeral acabou o neerlandés Tom-Jelte Slagter.

No entanto ás clasificacións secundarias, o campión do mundo eslovaco Peter Sagan logrou o maillot verde dos puntos, o surafricano Nicholas Dlamini venceu na montaña, o colombiano Egan Bernal conseguiu o branco dos mozos e o equipo do Bahrain-Merida levou a clasificación dos equipos.

Equipos

Na carreira participaron os 18 conxuntos do UCI WorldTour e un combinado nacional australiano.

EquipoCódigoCategoría
AG2R La MondialeALMUCI WorldTour
AstanaASTUCI WorldTour
Bahrain-MeridaTBMUCI WorldTour
BMC Racing TeamBMCUCI WorldTour
Bora-HansgroheBOHUCI WorldTour
Team Dimension DataDDDUCI WorldTour
EF Education First-DrapacCPTUCI WorldTour
Groupama-FDJFDJUCI WorldTour
Team Katusha-AlpecinKATUCI WorldTour
Lotto-SoudalLTSUCI WorldTour
Team LottoNL-JumboTLJUCI WorldTour
Mitchelton-ScottORSUCI WorldTour
Movistar TeamMOVUCI WorldTour
Quick-Step FloorsQSTUCI WorldTour
Team SkySKYUCI WorldTour
Team SunwebSUNUCI WorldTour
Trek-SegafredoTFSUCI WorldTour
UAE Team EmiratesUADUCI WorldTour
UniSA-AustraliaSel. nacional

Premios económicos

Nesta edición, o Tour Down Under repartiu 98.000€ en premios económicos[2][3].

Posición6º e 7º8º e 9º10º a 20º
Clasificación xeral12.000 €6.000 €3.000 €1.500 €1.200 €900 €600 €300 €
Etapas4.000 €2.000 €1.000 €500 €400 €300 €200 €100 €
Clasificación da montaña1.200 €1.000 €500 €
Clasificación por puntos
Clasificación dos xoves600 €300 €200 €
Combatividade250 €

Carreira de exhibición

People's Choice Classic[4]

O 14 de xaneiro, dous días antes do inicio da tempada oficial, celebrouse unha carreira de exhibición en formato de critérium no centro de Adelaida. Este "paseo" consistiu en 22 voltas a un pequeno circuíto de 2,3 quilómetros. Nesta carreira participan os mesmos equipos e corredores ca no propio Tour Down Under. Nesta edición, a décimo terceira, resultou vendedor ao sprint o campión do mundo Peter Sagan.

Resultados da carreira

PosiciónCiclistaEquipoTempo
1 Peter SaganBora-Hansgrohe1h 4' 25"
2 André GreipelLotto-Soudalm.t.
3 Caleb EwanMitchelton-Scottm.t.

Etapas

EtapaDataPercorridokmGañadorLíder
1.ª16 de xaneiroPort Adelaide-Lyndoch145 André Greipel André Greipel
2.ª17 de xaneiroUnley-Stirling148,6 Caleb Ewan Caleb Ewan
3.ª18 de xaneiroGlenelg-Victor Harbor120,5 Elia Viviani Caleb Ewan
4.ª19 de xaneiroNorwood-Uraidla128,2 Peter Sagan Peter Sagan
5.ª20 de xaneiroMcLaren Vale-Willunga Hill 151,5 Richie Porte Daryl Impey
6.ª21 de xaneiroAdelaida90 André Greipel Daryl Impey
Total783,8 Daryl Impey

Clasificación xeral

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:

PosiciónCiclistaEquipoTempo
Daryl ImpeyMitchelton-Scott20h 03' 34"
2 Richie PorteBMC Racing Teamm.t.
3 Tom-Jelte SlagterTeam Dimension Data+ 16"
4 Diego UlissiUAE Team Emirates+ 20"
5 Dries DevenynsQuick-Step Floorsm.t.
6 Egan Bernal 25x25pxTeam Skym.t.
7 Gorka IzagirreBahrain-Meridam.t.
8 Luis León SánchezAstana+ 23"
9 Ruben GuerreiroTrek–Segafredom.t.
10 Robert GesinkTeam LottoNL–Jumbo+ 24"

Outras clasificacións

Clasificación dos sprints

Pos.CiclistaEquipoPuntos
Peter SaganBora64
2 Caleb EwanMitchelton56
3 Elia VivianiQuick-Step52
4 Daryl Impey Mitchelton42
5 Phil BauhausSunweb36

Clasificación da montaña

Pos.CiclistaEquipoPuntos
Nicholas DlaminiDimension48
2 Richie PorteBMC36
3 Scott BowdenUniSA26
4 Thomas De GendtLotto17
5 Simon GerransBMC16

Clasificación dos xoves

Pos.CiclistaEquipoTempo
Egan BernalSky20h 03' 54"
2 Ruben GuerreiroTrek+ 3"
3 Pierre LatourAG2R+ 4"
4 Sam OomenSunwebm.t.
5 Chris HamiltonSunwebm.t.

Clasificación por equipos

Pos.EquipoTempo
1 Bahrain57h 37' 15"
2 Dimension+ 26"
3 Quick-Step+ 1' 04"
4 Sunweb+ 1' 06"
5 AG2R+ 5' 36"

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas