Tricociste

Un tricociste[1][2][3] é un orgánulo que se encontra en ciliados[4][5] e dinoflaxelados.[6]

Paramecium tetraurelia, un ciliado, cos tricocistes descargados (coloreados artificialmente en azul).

É unha estrutura no córtex de certos protozoos ciliados e flaxelados que consiste nunha cavidade e filamentos longos e delgados que poden ser exectados en resposta a certos estímulos. Os tricocistes poden estar amplamente distribuídos por todo o microorganismo ou en certas áreas restrinxidas (por exemplo, en tentáculos, papilas, arredos da boca). Hai varios tipos. Os tricocistes mucoides son inclusións alongadas que poden ser exectados como corpos visibles despois dunha estimulación artificial. Os tricocistes filamentosos en Paramecium e outros ciliados son descargados como filamentos compostos por un talo con estriacións cruzadas e unha punta. Os toxicistos (en Dileptus e certos protozoos carnívoros) tenden a estar localizados arredor da boca. Cando descarga un toxicisto, expulsa un longo filamento non estriado con extremo con forma de bastón, que paraliza ou mata outros microorgnismos; este filamento utilízase para capturar alimento e, presumiblemente, na defensa.

A importancia funcional doutros tricocistes non está clara, aínda que os de Paramecium aparentemente poden ser extrudidos para ancorarse ao substrato durante a alimentación.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.