José Óscar Flores

futbolista arxentino
(Redirección desde «Turu Flores»)

José Óscar "Turu" Flores, nado en Buenos Aires o 16 de maio de 1971, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de dianteiro. Foi internacional coa selección arxentina.

Turu Flores
Información persoal
NomeJosé Óscar Flores
Nacemento16 de maio de 1971 (53 anos)
Lugar de nacementoBuenos Aires
Altura1,82 m.
PosiciónDianteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1990–1996Vélez Sársfield153(45)
1996–1998Las Palmas68(35)
1998–2001Deportivo da Coruña83(22)
2001–2002Valladolid8(1)
2002–2003Mallorca12(0)
2003–2004Ciudad de Murcia22(3)
2004–2005Independiente19(4)
2006Aldosivi15(6)
2007Lyn0(0)
Total381(116)
Selección nacional
1994Arxentina2(0)
Adestrador
2009–2013Vélez Sársfield (asistente)
2014Vélez Sársfield
Na rede
UEFA: 51775 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a súa carreira profesional en Vélez Sársfield en 1990 e alí foi un dos grandes protagonistas da etapa máis exitosa da institución grazas á súa potencia e goles. Un deles, o segundo ante Belgrano de Córdoba, asegurou practicamente o Torneo Apertura 1995. Dito gol recórdase como un dos mellores da década no fútbol arxentino.[1] Defendendo a camisola do "Fortín" disputou 181 partidos convertendo 9 tantos en torneos internacionais e 47 goles en campionatos locais. Consagrouse campión dos Torneos Clausura 1993, Apertura 1995, Clausura 1996, Copa Libertadores 1994, Copa Intercontinental 1994 e Copa Interamericana 1996. Á súa vez, foi o máximo artilleiro do Torneo Clausura 1995 con 14 goles.

En 1996 foi contratado pola Unión Deportiva Las Palmas, club que por entón xogaba na Segunda División, por uns 550 millóns de pesetas (máis de tres millóns de euros), no que supuxo o maior desembolso económico feito por un club desta categoría até a data. Dous anos máis tarde foi traspasado ao Deportivo da Coruña por 800 millóns de pesetas (case cinco millóns de euros), co que conseguiu o título de Liga na tempada 1999–00. Tras uns anos noutros equipos de menor entidade da Primeira División española, regresou en 2004 a Arxentina para xogar en Independiente. Xa no ocaso da súa carreira actuou para Aldosivi da Primeira "B" Nacional e anunciou o seu retiro.

Porén, en marzo de 2007 o FK Lyn noruegués anunciou a súa contratación xunto coa de Matías Almeyda, outro futbolista arxentino que anunciara a súa despedida do fútbol,[2] aínda que finalmente ningún dos dous participou co club noruegués.

Palmarés

Vélez Sársfield
Deportivo
Mallorca

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas