U.S. Marshals (filme)

filme de 1998 dirixido por Stuart Baird

U.S. Marshals é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Stuart Baird. O argumento foi concibido a partir dunha historia escrita por Roy Huggins e John Pogue. É un spin-off do filme de 1993 O fuxitivo, que á súa vez está baseado na serie homónima creada por Huggins. Está protagonizado por Robert Downey Jr., Joe Pantoliano, Daniel Roebuck, Tom Wood e LaTanya Richardson. O filme foi unha coprodución entre Warner Bros. Pictures e Kopelson Entertainment. A banda sonora foi composta por Jerry Goldsmith.

U.S. Marshals
Ficha técnica
Título orixinalU.S. Marshals
DirectorStuart Baird
ProdutorAnne Kopelson
Arnold Kopelson
GuiónRoy Huggins
John Pogue
Intérpretes
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaAndrzej Bartkowiak
MontaxeTerry Rawlings
EstudioKopelson Entertainment
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 6 de marzo de 1998
Duración131 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e crime
Orzamento45 millóns de dólares
Recadación102,4 millóns de dólares[1]
Na rede
http://usmarshals.warnerbros.com/mainframe.html
IMDB: tt0120873 Filmaffinity: 933579 Allocine: 17261 Rottentomatoes: m/us_marshals Mojo: usmarshals Allmovie: v158897 TCM: 324155 Metacritic: movie/us-marshals TV.com: movies/us-marshals Netlix: 5670449Editar o valor em Wikidata

U.S. Marshals estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de marzo de 1998, recadando 57 millóns de dólares no mercado doméstico. O filme conseguiu 45 millóns de dólares internacionalmente, sumando en total 102 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 4 de agosto de 2014 a través da TVG.[2]

Personaxes

  • Tommy Lee Jones como Marshal Sam Gerard
  • Wesley Snipes como Mark J. Sheridan / Mark Roberts / Mark Warren
  • Robert Downey Jr. como axente especial John Royce
  • Joe Pantoliano como Cosmo Renfro
  • Daniel Roebuck como Bobby Biggs
  • Tom Wood como Noah Newman
  • LaTanya Richardson como Savannah Cooper
  • Irène Jacob como Marie Bineaux
  • Kate Nelligan como Catherine Walsh
  • Patrick Malahide como director Bertram Lamb
  • Rick Snyder como axente especial Frank Barrows
  • Michael Paul Chan como axente Xiang Chen
  • James Sie como Vincent Ling
  • Tracy Letts como Sheriff Poe
  • Len Bajenski como Deputy Hollander
  • Donald Gibb como Mike Conroy
  • Tony Fitzpatrick como Greg Conroy
  • Cynthia Baker como Mama Conroy
  • Susan Hart como moza de Greg
  • Johnny Lee Davenport como Henry
  • Vaitiare Hirshon como Stacia Vela

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas