Veremundo
Veremundo (fl. cara ao ano 535[1]) (en latín: Veremund ou Veremundus) foi un rei suevo do reino de Galicia documentado cara ao ano 535, durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469) e a conversión dos suevos ao arianismo (466). A falta de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo, que tería impulsado a construción de igrexas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | século V Reino suevo de Galicia |
Rei dos suevos | |
século V – século V ← Hermenerico – Teodemundo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de actividade | (Con vida en: c. 485 ) |
Fontes
A existencia de Veremundo baséase nunha inscrición pétrea descuberta en San Salvador de Vairão no ano 1608. No mesmo século, en 1637, Jeronymo da Cunha de Almeida, abade de Bitarães, leu a data da inscrición como 485 e atribuíuna a un rei suevo chamado Veremundus. Posteriormente algúns estudosos dataron a inscrición no século VIII, argumentando que dito Veremundus era o rei Vermudo I. Máis recentemente, unha nova lectura precisou a data en 535.[1] No entanto, varios estudos consideran que a data é 1035, referíndose a Vermudo III.[2]
Veremundo Descoñecida Nacemento: ? Falecemento: ? | ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Hermenerico Último coñecido | Rei de Galicia Cara ao ano 535 | Sucedido por Teodemundo Seguinte coñecido |
Notas
Véxase tamén
Da escuridade ao esplendor. A nova monarquía sueva entre 469 e 570. |
Bibliografía
- Arias, Jorge C. (verán de 2007). Identity and Interaction: The Suevi and the Hispano-Romans (PDF) (en inglés). Universidade de Virxinia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 09 de maio de 2021.
- López Carreira, Anselmo; Fernández Calo, Tucho (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.