Voivodato de Silesia

A Voivodía da Silesia (en polaco Województwo Śląskie ou abreviadamente Śląsk) é un voivodato do sur da Polonia creada o 1 de xaneiro de 1999, mediante a fusión dos antiga provincias de Katowice, Częstochowa e Bielsko-Biała. Xeograficamente a meirande parte do seu territorio coincide coa rexión histórica da Alta Silesia (Górny Śląsk), da que toma o seu nome.

Modelo:Xeografía políticaVoivodato de Silesia
Województwo śląskie (pl) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aSilesia Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°20′N 19°00′L / 50.33, 1919°00′L / 50.33, 19
EstadoPolonia Editar o valor em Wikidata
CapitalKatowice Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Bielsko-Biała
Bytom (pt) Traducir
Chorzów (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 36+
Poboación
Poboación4.617.000 Editar o valor em Wikidata (374,36 hab./km²)
Lingua usadalingua polaca
Lingua wymysorys
lingua alemá
Lingua silesiana
Silesian German (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie12.333,09 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PL-24 e PL-SL Editar o valor em Wikidata
Código NUTSPL22 Editar o valor em Wikidata

Páxina websilesia-region.pl Editar o valor em Wikidata
Instagram: slaskie_pozytywna_energia Editar o valor em Wikidata

Xeografía

O voivodato de Silesia ten fronteira coas repúblicas checa e eslovaca polo sur, e limita cos voivodatos de Opole (ao oeste), Łódź (polo norte), Świętokrzyskie (ao nor-leste) e a Baixa Polonia (polo leste).

A rexión inclúa as terras altas da Silesia (Wyżyna Śląska) e as terras altas de Krakowsko-Częstochowska (Jura Krakowsko-Częstochowska), limitando ao sur cos montes Besquides (Beskid Śląski e Beskid Żywiecki).

A rexión administrativa correspóndese só parcialmente coa Silesia histórica, hoxe dividida entre a República Checa, Alemaña e as voivodías polacas de Opole e a Baixa Silesia. Doutra banda, o voivodato inclúe terras coma Częstochowa, Zawiercie, Myszków, Jaworzno, Sosnowiec, Żywiec, Dąbrowa Górnicza, Będzin e parte de Bielsko-Biała, que historicamente foran parte da Pequena Polonia).

Poboación

O voivodato conta coa maior densidade de poboación da Polonia, 379 persoa por quilómetro cadrado, (a media nacional é de 124), e sendo unha rexión moi industrializada arredor do 78% dos seus habitantes viven en cidades e vilas.

Cidades e vilas

No voivodato están doce das 40 cidades máis populosas da Polonia. A maiores outras 7 vilas teñen o status legal de distrito urbano, e existen outras 52 que non acadan esa consideración.Instituto de estatística da Polonia

División administrativa

O Voivodato da Slesia está dividido en 36 distritos (Powiat en polaco), 19 rurais e 17 urbanos. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehendelas na súa xurisdición administrativa. Estes distritos están divididos á súa vez en 167 circunscricións (gmina).

A continuación a lista de powiat en orde de poboación decrecente:

NomeSuperficie
(km²)
Poboación
(2006)
CapitalOutras vilasTotal
gminas
Distritos urbanos
Katowice165315,9961
Częstochowa160246,1291
Sosnowiec91225,2021
Gliwice134199,0991
Zabrze80190,6101
Bytom69187,2051
Bielsko-Biała125176,6781
Ruda Śląska78145,9291
Rybnik148141,3821
Tychy82130,8421
Dąbrowa Górnicza188129,7531
Chorzów33114,4341
Jaworzno15296,0511
Jastrzębie-Zdrój8595,1491
Mysłowice6674,9881
Siemianowice Śląskie2572,4511
Żory6562,6251
Piekary Śląskie4059,4941
Świętochłowice1355,1721
Distritos rurais
Powiat Cieszyński730171,029CieszynUstroń, Skoczów, Wisła, Strumień12
Powiat Wodzisławski287155,228Wodzisław ŚląskiRydułtowy, Radlin, Pszów9
Powiat Będziński368151,122BędzinCzeladź, Wojkowice, Sławków, Siewierz8
Powiat Bielski457150,764Bielsko-Biała *Czechowice-Dziedzice, Szczyrk, Wilamowice10
Powiat Żywiecki1,040149,492Żywiec15
Powiat Tarnogórski643137,979Tarnowskie GóryRadzionków, Kalety, Miasteczko Śląskie9
Powiat Częstochowski1,519133,553Częstochowa *Blachownia, Koniecpol16
Powiat Zawierciański1,003124,127ZawierciePoręba, Łazy, Ogrodzieniec, Szczekociny, Pilica10
Powiat Gliwicki663114,963Gliwice *Knurów, Pyskowice, Toszek, Sośnicowice8
Powiat Raciborski544111,505RacibórzKuźnia Raciborska, Krzanowice8
Powiat Pszczyński473104,638Pszczyna6
Powiat Mikołowski23291,022MikołówŁaziska Górne, Orzesze5
Powiat Kłobucki88984,730KłobuckKrzepice9
Powiat Lubliniecki82276,628LubliniecWoźniki8
Powiat Rybnicki22573,527Rybnik *Czerwionka-Leszczyny5
Powiat Myszkowski47971,619MyszkówŻarki, Koziegłowy5
Powiat Bieruńsko-lędziński15755,868BieruńLędziny, Imielin5
* A cidade que lle dá nome non pertence ao distrito, xa que logo constitúe un "powiat" urbano.

Economía

Silesia é unha rexión eminentemente industrial, destacando a minería: carbón, chumbo, cinc, ferro e mineráis industriais explótanse na zona. Asociadas a estas explotacións xurdiron empresas metalúrxicas (a maior da Polonia "Huta Katowice" está en Dąbrowa Górnicza), enerxéticas, químicas e de materias de construción, e posteriormente, tamén outras de automoción e téxtil. Hoxe destacan polo seu tamaño dúas compañías de sutomoción: Fiat Auto-Poland S.A. en Bielsko-Biała e a GM Opel de Gliwice.

A industrialización da Silesia, unida á chegada de empresas do exterior, fan da rexión unha das máis ricas da Polonia, cun salaro medio de 3.800 złotychs/mes.

Transporte

Hai na rexión un aeroporto internacional Katowice International Airport (en Tarnowskie Góry). A rede de estradas de ferro é a máis espesa do país. Existe tamén unha autoestrada (Autostrada A4) que comunica Katowice con Wrocław, Łódź e Cracovia e que é parte da rota europea E40 (Calais - Dresden - Cracovia - Kíiv - Astrakán. A rota E75 (Escandinavia - Grecia) tamén cruza a rexión, mais non coma autoestrada.

A Linia Hutnicza Szerokotorowa (LHS, ou liña metalúrxica bitola larga) é unha liña ferroviaria de ancho 1 520 mm (bitola soviética), que une Polonia e Ucraína. Ten 400 km, partindo de Sławków (na Silesia) até Hrubieszów (na fronteira).

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: