Volvo XC90

O Volvo XC90 é un automóbil todo terreo do segmento E producido polo fabricante sueco Volvo dende 2002. Ten carrozaría de cinco portas, motor dianteiro transversal e tracción ás catro rodas, e ofrécese con cinco e sete prazas. Algúns dos seus rivais son o Acura MDX, o BMW X5, o Infiniti FX, o Lexus RX, o Mercedes-Benz Clase M, o Range Rover Sport e mailo Volkswagen Touareg.

Volvo XC90

FabricanteVolvo Cars
PaísSuecia Suecia
Período2002-actualidade
Configuración
TipoAutomóbil todo terreo
SegmentoSegmento E
PlataformaCrossover
ConfiguraciónMotor dianteiro transversal, tracción ás catro rodas
Modelos relacionados
SucesorVolvo EX90

O XC90 foi presentado oficialmente no Salón do Automóbil de Detroit de 2002. Está construído sobre a mesma plataforma da primeira xeración do Volvo S80 e do Volvo V70 de segunda xeración.

Os motores de gasolina son un cinco cilindros en liña con turbocompresor de 2.5 litros e 209 CV, un seis cilindros en liña atmosférico de 3.2 litros e 238 CV, un seis cilindros en liña turboalimentado de 2.9 litros e 272 CV, e un oito cilindros en V atmosférico de 4.4 litros e 315 CV. O diésel é un cinco cilindros en liña de 2.4 litros e 163 ó 185 CV, en ambos casos con turbocompresor de xeometría variable, intercooler e inxección directa con alimentación por common-rail.

Véxase tamén