Voo 261 de Thai Airways International

accidente de aviación en Tailandia en 1988

O voo 261 de Thai Airways International (TG261/THA261) era un voo de pasaxeiros regular dende o Aeroporto Internacional Don Mueang en Bangkok ata o Aeroporto de Surat Thani en Surat Thani, Tailandia. O voo estaba operado por Thai Airways International, a aeroliña nacional de Tailandia. O 11 de decembro de 1998 o avión, un Airbus A310-204 con rexistro HS-TIA, entrou en perda e estrelouse nun arrozal ao intentar aterrar no Aeroporto de Surat Thani. Morreron un total de 101 persoas no accidente.

Voo 261 de Thai Airways International
Un A310 semellante ao do accidente.
Resumo
Data 11 de decembro de 1998
Causa perda, desorientación
con mal tempo, erro do piloto
Lugar a 0,7 km ao sur do
Aeroporto de Surat Thani
Coordenadas 99°08′26″L / 9.1275, 99.1406
Orixe Aeroporto Don Mueang
Destino Aeroporto de Surat Thani
Finados 101
Feridos 45
Aeronave
Tipo de aeronaveAirbus A310-204
Operador Thai Airways International
Rexistro HS-TIA
Pasaxeiros 132
Tripulación 14
Superviventes 45

O Comité de Investigación de Accidentes de Aviación de Tailandia (AAIC) abriu unha investigación sobre o suceso. Esta investigación revelou que a tripulación desorientárase. A visibilidade era limitada e o estrés causou que a tripulación perdese o control do avión. O AAIC destacou tamén a escasa iluminación de Surat Thani e os avisos defectuosos do avión.

O accidente foi o segundo con máis vítimas mortais en Tailandia, tras o voo 004 de Lauda Air. Foi tamén o quinto peor accidente dun Airbus A310.

Avión

O HS-TIA era un Airbus A310-204, con número de serie 415 e anteriormente rexistrado como F-WWBI para probas de voo con Airbus. Estaba bautizado co nome Phitsanulok e voara por vez primeira o 3 de marzo de 1986 e fora entregado a Thai Airways o 29 de abril dese ano.[1]

Notas