Westland Lynx

O Westland Lynx é un helicóptero militar multipropósito británico deseñado e construído por Westland Helicopters na súa fábrica de Yeovil. Orixinalmente pretendía ser un aparello utilitario tanto para uso civil como naval, pero o interese militar fixo que se desenvolvese tanto para uso naval como para o campo de batalla. O Lynx entrou en servizo en 1977 e posteriormente foi adoptado polas forzas armadas dunha ducia de países, servindo principalmente como helicóptero utilitario no campo de batalla, anti-blindaxe, busca e rescate e guerra antisubmarina.

Westland Lynx
Tipohelicóptero militar multipropósito
FabricanteWestland Helicopters
AgustaWestland
Primeiro voo21 de marzo de 1971
Introducido1978
Produción1978 - presente
Unidades construídas450 (en 2009)[1]

O Lynx é un helicóptero con capacidades acrobáticas coa habilidade de realizar loops e toneis.[2] En 1986 un Lynx especialmente modificado estableceu o récord de velocidade para helicópteros (na categoría que exclúe aos helicópteros compostos) da Fédération Aéronautique Internationale, acadando os 400,87 km/h,[3][4] que no 2020 permanecía imbatido.[5]

Fabricáronse varias versións terrestres e navais do Lynx xunto con algúns derivados maiores. O Westland 30 fabricouse como un helicópter utilitario civil; non tivo un grande éxito comercial e só se fabricaron 41 unidades nos anos 80. No século XXI deseñouse unha versión modernizada do Lynx como un helicóptero de combate multi-rol, designada AgustaWestland AW159 Wildcat, que substituirá aos Lynx aínda en servizo. O Lynx segue sendo fabricado por AgustaWestland, o sucesor de Westland Helicopters.

Notas