Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 |
---|
Ola. Son novo por aqui, estaba intentando ampliar artigos sobre escritores galegos e atopeime co problema da non existencia dun modelo de caixa que inclúa foto, datos persoais... Quería saber se existe o modelo ou cal é o xeito de crealo. Moitas grazas pola axuda.--Sawlom (fálame) 16:57, 19 xaneiro 2009 (UTC)
Boas, como o meu bot non anda operativo necesitaría que alguén empregase un para trocar as ligazóns a Lacio por Lazio, que acabo de fusionar as páxinas e hai demasiadas ligazóns como para cambialas a man. Graciñas! :) --☣Banjo tell me 09:23, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Son eu o único que está a ter problemas cos sitios web de Wikimedia? As imaxes non podo velas, logo incluído, sendo as únicas visibles a icona ao lado do nome de usuario e as dúas de abaixo. Alguén máis? --GallaecioE logo? 00:42, 27 febreiro 2009 (UTC)
Como sabedes, ultimamente estou moi involucrado co tema dos dominios de Internet, polo cal, solicítolle a todo usuario que queira o poida que, escriba os novos artigos sobre dominios, xa que, a que e feo ver tantos enlaces en vermello?, e non olvidedes aplicar o Modelo:Dominios desta forma:
{{dominios |nome= | |anocreado= | |tipo= | |estado= | |rexistrador= | |patrocinador= | |usodestinado= | |paísorixe= | |sitioweb=[http://www. ] | }}
Creo que, así, creo que tardaríamos menos en chegar o millón de artigos, non vos parece?. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 22:21, 27 febreiro 2009 (UTC)
Como xa dixen antes, quero crear todos os artigos posibles sobre dominios, e nesito alguén máis que colabore, pero, se un bot o pode facer, que se encargue de poñer o modelo:Dominios que xa facilitei antes en todos artigos todavía non creados sobre dominios que están no seguinte modelo:
Activos |
|
---|---|
Reservados / sen asignar | |
Asignados / ser usar | |
En proceso de eliminación | |
Borrados / retirados | |
Véxase tamén: Dominio de primeiro nivel xenérico |
Espero que algún bot o poida facer. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 11:13, 28 febreiro 2009 (UTC)
A ver se alguén con bot se anima a categorizar as imaxes da semana nunha categoría máis específica, ou sexa, pasar as páxinas da Categoría:Imaxe da Semana a:
Ademais, tamén sería conveniente pasar as páxinas que están na Categoría:Efemérides Destacadas a:
O que tamén hai que facer é mudar a maiúscula por unha minúscula en páxinas do tipo: Wikipedia:Efemérides destacadas/Xaneiro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Febreiro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Marzo,... Wikipedia:Efemérides destacadas/Xullo,... Wikipedia:Efemérides destacadas/Novembro, Wikipedia:Efemérides destacadas/Decembro (loxicamente as doce que hai). Feito!
Esta categorización faría máis doada a navegación. Nota para quen faga estes cambios: despois do nome da cateoría que deixe unha barra vertical ("|") e logo un espazo antes dos corchetes de peche para que as páxinas vaian en orde cronolóxica. Ex: [[Categoría:Efemérides destacadas en xaneiro| ]]
Bos días, colegas. Iago Pillado e mais eu precisabamos saber qué se entende tecnicamente por museo para poder categorizar por xunto ou con matices tanto museos como centros de interpretación que abundan no noso país. Pode ser que a diferenza sexa máis formal que práctica e que non pague a pena crear categorías distintas, ou pode que non. Así que ¿quen sabe se hai algunha definición digamos técnica do que é un museo e o que non o é? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:05, 21 marzo 2009 (UTC)
Boas! Estou poñendo o modelo nos países, pero en moitos deles non sei porqué quedame unha chave "}" solta. Revisei varias veces pero non dou atopado o porqué, a ver se alguén lle pode botar un ollo e ver que está fallando ahi... Grazas! --☣Banjo tell me 13:13, 31 marzo 2009 (UTC)
Pérez Ballesteros recolleu en 1885 esta cantiga: "Para cantar e beilar,/ as nenas da Pelengrina;/ para beber a perrita,/ as borrachonas de Elviña", e explica que "Pelengrina é unha parroquia do Burgo, próxima á Coruña". ¿Algúen que coñeza aquilo pode localizarme esa "Pelengrina" e ese "Burgo" na actual Coruña? Saudos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:13, 5 abril 2009 (UTC)
Teño unha dúbida moi grande.Xa que no galego non esisten as grafías "J", "GE" e "GI", alguén me pode dicir como se rin os galegos?
77.209.142.218 09:50, 23 abril 2009 (UTC)Manuel R. Castrro Iglesias
dkompras@gmail.comno día de San Xurxo, do noveno ano, do segundo milenio.
Esquecín que para mover artigos que xa moveron varias veces, ten que facelo un administrador. Perdoar. A ver si un administrador pode amañar eso. Moitas grazas (Tampouco puden facer a pedida no taboleiro dos administradores)ElviraConversa comigo 09:47, 26 abril 2009 (UTC)
Non sei onde categorizar artigos como Florentino Pérez, Fernando Martín Álvarez, Luis Gómez-Montejano, Ramón Calderón, Vicente Boluda, Joan Laporta ou Presidente do Barcelona. ¿Algunha idea? Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 13 maio 2009 (UTC)
¿Hai algunha forma de buscar categorías inexistentes, é dicir, artigos categorizados en categorías que aínda non existen e, por tanto, estean en vermello? Pedro --Lameiro (conversa) 23:10, 6 xuño 2009 (UTC)
Agora que comeza o verán quería dedicarme a meter artigos bos de bandas de música, longos e baseando nas wikis francesa, inglesa e castelá. Só quero dirixirme a bandas de música pero si facer artigos da máxima calidade (a miña idea é que a Galipedia será realmente útil cando os artigos sexan de calidade). Por iso teño dúas preguntas:
1. ¿Está autorizado calquer usuario a crear categorías ou é traballo de admins? (Subcategorías coma "Grupos de Metal" actualmente só hai unha (dobre) que sería subcategoría desta chamada "Grupos de Heavy Metal")2. ¿Podo modifica-lo modelo de grupos de música para engadirlles contido e facelo máis vistoso? Actualmente é bastante pobre... Ademais por gardar homoxeneidade, tiña intención de traduci-lo modelo inglés que é bastante completo. Iso si, levo un tempo mirando isto e non é nada doado co cal a axuda dalgún usuario máis experto sería boa.
Grazas pola axuda e respostar ás miñas dúbidas.--[[Usuario:Exemplo|Wargolth]] ([[Conversa Usuario:Wargolth|fálame]]) 14:51, 19 xuño 2009 (UTC)
(edito tamén aquí isto por non saber onde poñelo e coa convivión de que non vou ser escoitado)
Chámome Miguel Bugallo e non teño problema por me caracterizar como fago no título, pois é o que supoño que din aqueles que desbloquearon, sen mo comunicar, a aqueles que eu bloqueei, especialmente a aqueles que eu bloqueei de por vida.
Salvando iso, salvando todos eses conflitos na wikipedia, resulta que tiven outro problema no Galizionario que desexo expresar.
O Galizionario é un espazo moi especial. O labor no mesmo é diferente ó da Wikipedia, pois doadamente cometes un copyvio. Quero dicir con isto que non podes copiar nin sequera unha secuencia de palabras dun dicionario. Baixo o usuario Raspiñeiro, estiven editando nese proxecto ata que me encontrei coa intransixencia dun -dis que- compañeiro e vinme acusado por ter realizado copyvios sen xustificación ningunha.
Non editei moito. Pouco máis dun cento de palabras novas (non sei). Mais facer só un cento (e mais ó ritmo que eu traballei) é xa algo moi laborioso.
De súpeto recibín a noticia de que dous dos meus artigos eran copyvio
Reparei neles con total sinceridade, procurando ata o máis mínimo. Nun deles díxoseme que era copyvio porque deixara restos (un pouco de texto) do dicionario Cumio, pero, se ben era certo que deixara eses restos, o escrito por min non tiña nada que ver co expresado nese dicionario, expreseino deste xeito:
A fonte de significante foi, para o primeiro significado, a wikipedia galega (pon literalmente a wikipedia galega: ...é a imaxe acústica que, unida ó significado, constitúe o signo lingüístico. Engadín o concepto de "gráfica" da miña propia man, por entender que a definición non estaba completa sen ese termo.Para os outros significados, unicamente mirei o dicionario CUMIO. Este dicionario pon unicamente o seguinte:
''Que significa.''
eu puxen no artigo o seguinte (a semellanza é nula):
2. Dise daquilo que ten importancia e non é obviable.3. Dise daquilo que representa, equivale ou supón unha outra cousa.
Sobre o outro artigo pouco podo dicir, nin sequera o número de entradas era igual ás do dicionario das que teoricamente eu cometín copyvio:
Coloco a continuación o que pon o dicionario do CUMIO (o único que mirei naquel entón) sobre o artigo Sección:
1. f. Cada unha das partes de que se compón un todo. 2. Acción e efecto de seccionar. 3. Xeom. Figura que resulta da intersección dunha superficie ou sólido con outra superficie. 4. Perfil ou figura que se obtería cortando un terreo, corpo, obxecto ou máquina por un plano. 5. Cada parte ou grupo distinto no que se divide un conxunto ou un todo continuo. 6. Cada grupo mandado por un oficial no que se divide unha compańía ou escuadrón.
Por favor, indicádeme a semellanza co artigo sección (espero que a haxa), o artigo pon:
1. Acto e resultado de dividir, fraccionar ou separar en partes.2. Cada un dos elementos, considerados por separado, que conforman un todo, ou aqueles en que o todo foi dividido ou fragmentado.3. (Xeometría) Figura resultante da intersección cunha superficie doutra superficie ou sólido.4. Imaxe que se percibe cando se corta un corpo ou un terreo.5. (Exército) Grupo en que se divide un escuadrón.
Tras disto, entramos nunha serie de descalificacións e aproximacións de posturas (estas últimas non tiveron valor ningún pois non apareceu un administrador, cousa por min requirida, no último mes (O Galizionario está abandonado)).
Eu non comprendo o copyvio. Non é que non o comprenda, é que estou convencido de que é incomprensible. Nas discusións que tivemos, Furagaitas expresoume, sen rectificar en ningún momento, que el non sabía moito de copyvios (eu si), que iso non era o seu, que precisaba un administrador...
Pero, a pesar diso, ten "os collóns" (con perdón) de dicirme o seguinte na última mensaxe:
Respecto ás copyvios teño que informarte de que as túas contribucións (en principio) non serán borradas. Non vou dicir que non haxa copyvios (seguro que ata ti, aínda que non o recoñezas abertamente, es consciente de que si as hai)
A ousadía é suma. Atrévese a considerar e afirmar o que eu considero sen dereito ningún e sen, ademais, motivo que sirva para fundamentar o copyvio. Afirmo que nas miñas contribucións non hai absolutamente ningún copyvio.
Eu non comprendo o copyvio. Mais tras o sucedido o único que eu comprendo é que User:Furagaitas non pode recuar, ten que ter a razón, necesita facer carreira no proxecto, ser administrador.
Eu pretendía non darme a recoñecer, agachar a miña identidade tras o acoso que sufrín por Usuario:Lansbricae, pretendín ser Raspiñeiro, renunciei á administración (como Lmbuga) para sentirme libre, pero non fun quen de soportar outro acoso máis -este é un acoso menor- inxustificado, polo que me identifiquei ó final na conversa con Furagaitas.
Quero aclarar que non desexo contravir norma ningunha. Non editei como Lmbuga ou Xan de ningures mentres editei como Raspiñeiro. Non editei como Lmbuga mentres editei como Xan de ningures. O meu proceder, inda que non legal, foi lícito co espírito das normas. Só agachei a miña identidade, nada máis. Xamais obtiven beneficio por posuír dous usuarios, ningún beneficio. Mesmo creo que ata hoxe que tiven que demostrar que Raspiñeiro era Lmbuga, non empreguei nunca o usuario Lmbuga (agás en Commons para subir fotos). Se o usei foi para aparentar que os usuarios non eran o mesmo individuo, pero xanais en páxinas de discusións doutros
O meu xuízo é que Furagaitas desexa ser administrador por encima de todo. Non pode admitir que se confunde porque contravén os seus desexos de éxito. Rogo que algún administrador se presente no Galicionario e resolva o conflito, cando menos a raízdo conflito: ¿Son ou non son copyvios as edicións Sección e significante?
Rogo ademais que algún administrador siga detidamente toda a discusión habida desde fai quizais máis dun mes. Eu só podo dicir unha cousa: Xamais volverei editar, outra porta que se me pecha e eu tampouco creei o conflito (inda que poida coma sempre parecer que si). Furagaitas sería un pésimo administrador (non se pode desexar tanto a administración)
Temo que aquí tampouco volverei poder editar sen verme perseguido, polo que tampouco creo que sexa moi escoitado.--Raspiñeiro 03:40, 23 xuño 2009 (UTC)