William MacGillivray
William MacGillivray, nado en Old Aberdeen o 25 de xaneiro de 1796, e finado en Aberdeen o 4 de setembro de 1852, foi un naturalista e ornitólogo escocés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1796 Aberdeen |
Morte | 4 de setembro de 1852 (56 anos) Aberdeen |
Lugar de sepultura | New Calton Cemetery, Edinburgh (en) |
7º Regius Professor of Natural History (en) | |
17 de maio de 1841 – 5 de setembro de 1852 | |
Datos persoais | |
Residencia | Edimburgo |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Formación profesional | medicina |
Educación | Universidade de Aberdeen Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | botánico , ornitólogo , escritor |
Empregador | Universidade de Aberdeen Universidade de Edimburgo |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | W.MacGill. |
Familia | |
Cónxuxe | Marion Askill |
Fillos | 10 |
Premios |
Traxectoria
William MacGillivray naceu en Old Aberdeen e criouse en Harris. Regresou a Aberdeen para estudar Medicina no King's College da Univesidade de Aberdeen, graduándose como MA (Master of Arts, en latín Magister Artium), en 1815.[1]
Máis tarde foi axudante de diseccción nas clases de anatomía. En 1823 foi axudante de Robert Jameson, Profesor Regius de Historia Natural da Universidade de Edimburgo. Foi conservador do Museo do Royal College of Surgeons (Real Colexio de Cirurxiáns) de Edimburgo desde 1831, renunciando a este posto en 1841 para ser Profesor Regius de Historia Natural no Marischal College da Universidade de Aberdeen.
MacGillivray foi amigo do experto ornitólogo estadounidense John James Audubon, e escribiu gran parte das Biografías ornitolóxicas de Audubon entre 1830 e 1839. Audubon nomeou a especie da familia dos parúlidos Geothlypis tolmiei como "MacGillivray's warbler" na súa honra.
Morreu no nº 67 da Crown Street de Aberdeen, o 5 de setembro de 1852,[2] pero está enterrado no cemiterio de New Calton en Edimburgo.[3]
Vida familiar
En 1820 casou con Marion Askill, veciña de Harris.[4] A parella tivo 10 fillos, dous dos cales morreron na infancia.[5]
Dous dos fillos de MacGillivray acadaron o recoñecemento como naturalistas. O seu fillo máis vello, John MacGillivray (1822-1867), publicou un relato da viaxe ao redor do mundo da HMS Rattlesnake, da cal foi o naturalista a bordo. Outro fillo, Paul, publicou unha Flora de Aberdeen en 1853, e doou 214 das láminas de aves de seu pai ao Museo de Historia Natural.
Legado
Unha versión detallada da vida de MacGillivray, escrita por un homónimo, publicouse 49 anos despois da morte do ornitólogo.[6]
MacGillivray distinguiu correctamente as especies corvo cincento (Corvus cornix) e corvo pequeno (Corvus corone), pero consideráronse como subespecies durante dous séculos e medio, até que, en 2002, por evidencias de ADN, o corvo cincento recibiu o status de especie plena.[7]
Algunhas publicacións
- Lives of Eminent Zoologists from Aristotle to Linnaeus (1830)
- A Systematic Arrangement of British Plants (1830)
- The Travels and Researches of Alexander von Humboldt. (1832)
- A History of British Quadrupeds (1838)
- A Manual of Botany, Comprising Vegetable Anatomy and Physiology (1840)
- A History of the Molluscous Animals of Aberdeen, Banff and Kincardine (1843)
- A Manual of British Ornithology (1840–1842)
- A History of British Birds, indigenous and migratory, en cinco volumes (1837-1852)
- Natural History of Deeside and Braemar (1855), publicado postumamente
- A Hebridean Natualist's Journal 1817-1818 (1996), publicado postumamente
- A Walk to London (1998), publicado postumamente
MacGillivray ilustrou The Internal Structure of Fossil Vegetables found in the Carboniferous and Oolitic deposits of Great Britain de Henry Witham en 1833, e editou The Conchologist's Text-Book durante de varias edicións.
Abreviaturas
Botánica
A abreviartura W.MacGill. úsase para recoñecer a William MacGillivray como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[8]
Zooloxía
A abreviartura MacGillivray emprégase para recoñecer a William MacGillivray como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- A memorial tribute to William MacGillivray. Edimburgo. 1901. – Ver dixitalizado en Internet Archive.
- Life of William MacGillivray. Londres: Murray. 1901. – Ver dixitalizado en Internet Archive.