Wonka (filme)

filme de 2023 dirixido por Paul King

Wonka é un filme británico-estadounidense de 2023 dirixido por Paul King, quen creou o guión xunto con Simon Farnaby baseado nunha historia de King. Conta a historia da orixe de Willy Wonka, un personaxe da novela de 1964 Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl, e conta os seus primeiros anos como chocolateiro.[6] Está protagonizado por Timothée Chalamet, xunto con Calah Lane, Keegan-Michael Key, Paterson Joseph, Matt Lucas, Mathew Baynton, Sally Hawkins, Rowan Atkinson, Jim Carter, Olivia Colman e Hugh Grant. É a precuela do primeiro filme baseado na novela de Dahl, Willy Wonka e a fábrica de chocolate (1971).

Wonka
Ficha técnica
Título orixinalWonka
DirectorPaul King
Produtor
  • David Heyman
  • Alexandra Derbyshire
  • Luke Kelly
Guión
  • Simon Farnaby
  • Paul King
Baseado enPersonaxes de Roald Dahl
Intérpretes
Música
  • Joby Talbot (banda sonroa)
  • Neil Hannon (cancións)
FotografíaChung Chung-hoon
MontaxeMark Everson
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaShowEast: 24 de outubro de 2023
Duración116 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroFantasía e musical
Orzamento125 million[3]
Recadación632,3 millóns de dólares[4][5]
Na rede
https://www.wonkamovie.net
IMDB: tt6166392 Filmaffinity: 430111 Allocine: 251105 Rottentomatoes: m/wonka Allmovie: v729365 Metacritic: movie/wonka Editar o valor em Wikidata

Personaxes

  • Timothée Chalamet como Willy Wonka
  • Calah Lane como Noodle
  • Keegan-Michael Key como o xefe de policía adicto ao chocolate
  • Paterson Joseph como Arthur Slugworth
  • Matt Lucas como Gerald Prodnose
  • Mathew Baynton como Felix Fickelgruber
  • Sally Hawkins como Mrs. Wonka
  • Rowan Atkinson como Father Julius
  • Jim Carter como Abacus Crunch
  • Natasha Rothwell como Piper Benz
  • Olivia Colman como Mrs. Scrubitt
  • Hugh Grant como Lofty o Oompa-Loompa
  • Rich Fulcher como Larry Chucklesworth
  • Rakhee Thakrar como Lottie Bell
  • Tom Davis como Bleacher
  • Kobna Holdbrook-Smith como Oficial Affable
  • Simon Farnaby como Basil
  • Charlotte Ritchie como Barbara
  • Ellie White como Gwennie
  • Freya Parker como Miss Bon Bon
  • Sophie Winkleman como a condesa
  • Murray McArthur como o capitán do barco
  • Tracy Ifeachor como Dorothy Smith
  • Isy Suttie como vendedor de froita e verdura
  • Phil Wang como Colin
  • Tim FitzHigham como o capitán do barco sinistro

Notas