Xavier Navaza

xornalista e escritor galego

Xavier Navaza Blanco, nado en Lalín o 9 de agosto de 1948 e finado o 9 de setembro de 2024,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaXavier Navaza
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1948 Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsGonzalo Navaza Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1046716 Dialnet: 2409294

Traxectoria

Fixo estudos de Enxeñería Técnica Naval en Ferrol e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona (1976). Traballou en Tele-Exprés e na revista Plataforma. De volta a Santiago de Compostela foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periodico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Publicou en Interviú, Actual e La calle. Foi nomeado xefe do gabinete de prensa da Xunta de Galicia no gabinete técnico da Consellería de Presidencia en 1979,[2] permanecendo no posto ata 1990. Despois foi subdirector de Xornal Diario de Pontevedra (1991) e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.[3]

Destacou tamén como guionista, documentalista e escritor.[4]

Obra

Galego

Castelán

  • A triloxía El laberinto gallego:
  • Galicia. Cien días con Fraga (1990). Xunta de Galicia. 186 páxs. ISBN 8445301349.
  • Sumud. Conversación con Palestina (2003). Santiago: Fundación Araguaney. ISBN 978-84-931373-4-2.
  • El último amante de Marilyn (2012)Alvarellos. 264 páxs. ISBN 978-8489323780. Reconstrúe os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños.[7]

Vida persoal

Tivo dez irmáns, entre eles Gonzalo e Luis Navaza. Casou con María Concepción Taboada Varela e foi pai de Adrián e Eloy Navaza Taboada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas