Xefe Executivo de Afganistán

O Xefe Executivo da República Islámica de Afganistán forma parte do goberno de Afganistán.

O cargo extra constitucional creouse en setembro de 2014, logo das disputas que xurdiron tras as eleccións presidenciais afgás de 2014, cando tanto Ashraf Ghani Ahmadzai como Abdullah Abdullah reclamaron a vitoria das eleccións. Como parte dun acordo de unidade nacional, acordouse que Ashraf Ghani asumise a presidencia e que se crease un novo cargo para Abdullah Abdullah, similar ao dun primeiro ministro.[1][2]

Funcións e responsabilidades

O xefe executivo preside a reunión semanal do consello de ministros que pode facer recomendacións de políticas ao presidente. O xefe executivo tamén pode recomendar ministros para o gabinete.[1]

Lista de xefes executivos

NomeInicioFinalAfiliación política
Abdullah Abdullah 29 de setembro de 2014no cargoCoalición Nacional

Notas