Saltar ao contido

Ximnasia acrobática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parella formada por Éleonore Lachaud e Clara Guinard

A ximnasia acrobática ou acrosport é un deporte en que se compite por parellas ou grupos (trío no caso das mulleres, e cuarteto no dos homes) e que consiste en executar unha coreografía de elementos ximnásticos e acrobáticos, tanto individuais coma de parella ou grupo, valéndose de música.

É unha das sete modalidades que integran a Federación Internacional de Ximnasia, formando parte da mesma desde o ano 1999, aínda que leva practicándose en diversos países desde hai tempo.

Os países con mellores resultados en campionatos internacionais son a China, os Estados Unidos, Inglaterra, Portugal, Belarús e Polonia.

Orixeeditar a fonte

A orixe deste deporte é tan antiga coma incerta. A construción de figuras e pirámides humanas remóntase á antigüidade (atopáronse representacións antiquísimas en pinturas chinesas e exipcias). As acrobacias existen desde tempos moi antigos. O termo acrobacia provén do grego "acróbatos", o que anda sobre as puntas dos pés.

A ximnasia acrobática ten unha dobre orixe: por unha banda unha tendencia circense teatral, e pola outra banda a ximnasia tradicional (artística, rítmica e trampolín). A súa fusión foi a que orixinou esta modalidade de ximnasia.

O primeiro campionato do mundo celebrouse en Moscova en 1974, pero países coma Rusia ou Polonia, fundadores da modalidade, levan máis dun lustro practicándoo.

En España, o primeiro Campionato Nacional celebrouse Vitoria en outubro de 2004.

Prácticaeditar a fonte

Na ximnasia acrobática particípase por parellas (masculinas, femininas ou mixtas), tríos (femininos) e cuartetos (masculinos).

O practicable onde se realiza a actividade é de 12 m x 12 m e é o mesmo que en ximnasia artística. Ten a particularidade de ser acolchado e elástico.

O áxil debe ter unha estatura que alcance a parte alta do esterno do postor. Pola contra, recibirá unha penalización en cada exercicio.

Tipos de exercicioseditar a fonte

Na ximnasia acrobática existen tres tipos de exercicios a realizar:

  • de balance, exercicios de equilibrio.
  • de tempo, exercicios de lanzamentos e recepcións.
  • combinados, mestura dos anteriores.

Cada tipo de exercicio ten como requisitos elementos individuais e en parella ou grupo. Os individuais serán demostracións de forza, equilibrio, flexibilidade e axilidade, mentres que os de grupo ou parella poden ser figuras, pirámides ou mesmo nos que o portor lanza ao áxil.

Ningún deles debe superar os dous minutos e medio de duración. A fin da coreografía debe coincidir coa fin da música, e debe ser nunha posición estática.

Categoríaseditar a fonte

Existen en competicións internacionais varias categorías de participación en función das idades dos ximnastas:

  • Age group, de 11 a 16 anos.
  • Juniors, de 12 a 19 anos.
  • Senior, onde o áxil debe ter máis de 15 anos e o portor máis de 18.

De todos xeitos, cada país ou federación pode adaptar as idades e exercicios de competición dentro do seu terriotrio.

Aspectos técnicos básicoseditar a fonte

Antes de executar unha figura ou pirámide débense ter en conta unha serie de aspectos:

  1. Todos os integrantes deben ter claro que é o que deben facer en cada momento:como se sobe e como se baixa, o tipo de agarres, as posicións...
  2. Os movementos deben ser suaves e precisos, posto que a brusquedade na figura pode provocar unha caída.
  3. A comunicación entre postor e áxil debe ser fluída e nun ton moderado.
  4. Antes de probar a figura cada integrante da mesma ten que dominar o seu papel en solitario ou sobre calquera outra superficie estable (unha mesa, poldro...).
  5. A estabilidade do portor e as presas deben estar garantidas.
  6. A forza aplicada sobre o portor para subirse o áxil sobre el debe ser moderada e progresiva.
  7. As figuras móntanse do centro cara aos extremos e desmóntanse en orde inversa.
  8. Para que unha figura sexa considerada como válida, debe manterse 3 minutos.

Agarres ou presaseditar a fonte

Existen varios tipos de agarres ou presas en función das partes do corpo implicadas:

A ximnasia acrobática no ensinoeditar a fonte

En España, intégrase nas clases de Educación Física na década dos noventa. Países coma Francia levan moitos anos utilizándoo como recurso educativo.

Na ximnasia acrobática do ensino español realízanse figuras por parellas, tríos e grupos de número ilimitado, e non se fan distincións de sexo. Aínda que non é necesario, pode utilizarse a música coma fío condutor da actividade ou coma acompañamento.

Os alumnos poden ser executantes e coreógrafos á vez, polo que todo o mundo ten cabida. Existen dous tipos de "roles" dentro da parella ou grupo: portor ou portador, o de maior tamaño, e áxil, de menor talle e peso.

A duración dos exercicios ou coreografías e o número de participantes é libre, do mesmo xeito que a música e a indumentaria, que son elixidas polos participantes.

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial