Xungla

Unha xungla é un bosque ou terreo poboado de vexetación exuberante, propio de climas tropicais.[1] Provén da palabra sánscrita jangala, que quere dicir lugar salvaxe.[2] En moitas linguas da India utilízase para referirse a calquera terra en estado natural, sexa un bosque, unha pradaría ou un deserto.

Xungla en Camboxa.

O termo pode utilizarse nun contexto técnico para referirse a unha selva tropical cunha gran biodiversidade e plantas densamente entrelazadas, como árbores, canaveiras, lianas ou herbas. Como ecosistema, as xunglas atópanse en zonas climáticas tanto ecuatoriais como tropicais.[3]

Notas

🔥 Top keywords: