Xurxo Otero

futbolista español

Xurxo Otero Bouzós, nado en Nigrán o 28 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa lateral, tanto na banda esquerda como na dereita.

Otero
Información persoal
NomeXurxo Otero Bouzós
Nacemento28 de xaneiro de 1969
Lugar de nacementoNigrán
Altura175 centímetros
PosiciónDefensa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1987–1994Celta de Vigo222(4)
1994–1997Valencia84(0)
1997–2001Betis82(0)
2001–2003A. Madrid32(1)
2003–2005Elche46(1)
Selección nacional
2005Galicia1(0)
1993–1997España9(0)
1987–1989España sub-212(0)
Adestrador
2014–2016Rápido de Bouzas
2016–2018Arousa
2018Rápido de Bouzas
2020–2021Alondras
2021–2022Arousa
2023Coruxo
Na rede
FIFA: 83850 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como futbolista

Tras xogar no Gran Peña, fichou polas categorías bases do Real Club Celta en 1987, debutando co primeiro equipo en 1990, na segunda división. En 1994 xogou a final da copa do Rei contra o Real Zaragoza, e en xullo dese mesmo ano xogou Mundial USA 94 coa selección española de fútbol.

Ese mesmo verán fichou polo Valencia CF, onde estivo tres tempadas, logrando ser subcampión na liga 1995-96, na que xogou 37 partidos. En 1997 fichou polo Real Betis, en 2001 polo Atlético de Madrid, e en 2003 polo Elche CF de segunda división, onde se retirou despois da tempada 2004-05.

Combinados nacionais

Tras xogar dous partidos coa selección española sub-21 en 1988 e 1989, debutou coa selección española de fútbol o 8 de setembro de 1993 nun amigable en Alacant contra a selección chilena de fútbol, gañando por 2-0. Participou en dous partidos da Copa do Mundo de 1994 e nun da Eurocopa de 1996, facendo un total de 9 seleccións co combinado estatal.

Trala súa retirada, mostrouse favorable ao regreso da selección galega de fútbol, que se materializou en 2005 nun partido fronte ao Uruguai, no que Otero foi un dos capitáns xunto a Fran.[1]

Como adestrador

Despois de deixar a práctica do fútbol comezou a carreira de adestrador. Entre 2014 e 2016 estivo no banco do Rápido de Bouzas e entre 2016 e 2018 no Arousa, en ambos os casos na Terceira División.[2][3] En maio de 2018 volveuse facer cargo do Rápido de Bouzas, desta vez na Segunda División B. Só permaneceu uns meses no cargo, pos en outubro substituíuno Míchel Alonso.[4] En xaneiro de 2020 chegou ao banco do Alondras,[5] ao que adestrou durante unha campaña e media na Terceira División.[6]

En xuño de 2021 anunciouse que sería o novo adestrador do Arousa, na nova Segunda División RFEF, comezando así a súa segunda etapa no club.[7]

Xurxo foi o segundo de Javier Maté cando tomou o relevo de Jacobo Montes na tempada 2023 da Segunda RFEF e xuntos acadaron a permanencia do Coruxo FC na categoría.[8]

Palmarés

TítuloClubAno
Segunda División: 1991–92Celta de Vigo1991-1992
Segunda División: 2001–02A. Madrid2001-2002

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas