Selección de fútbol do Uruguai

selección de fútbol do Uruguai

A selección de fútbol do Uruguai é o equipo representativo do Uruguai en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está xestionada pola Asociación Uruguaia de Fútbol, membro da Conmebol (Confederación Suramericana de Fútbol), sendo o país máis pequeno asociado a ela. A selección ocupa actualmente o quinto posto na clasificación mundial da FIFA.

Uruguai
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
AsociaciónAsociación Uruguaia de Fútbol — AUF
ConfederaciónCONMEBOL (Suramérica)
Código FIFAURU
AlcumeCharrúas
Clasificación FIFA5 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA{{{Ranking ConIFA}}}
SeleccionadorUruguai Óscar Tabárez
Máis encontrosDiego Godín (135)
Máximo goleadorLuis Suárez (59)
Estrea internacional
Uruguai Uruguai 2 − 3 Arxentina Arxentina
Montevideo, o Uruguai; 16 de maio de 1901
Maior vitoria
Uruguai Uruguai 9 − 0 Bolivia Bolivia
Lima, o Perú; 9 de novembro de 1927
Maior derrota
Uruguai Uruguai 0 − 6 Arxentina Arxentina
Montevideo, o Uruguai; 20 de xullo de 1902
Copa do Mundo
Participacións13 (primeira en 1930)
Mellor resultadoCampións (1930, 1950)
Copa América
Participacións44 (1916)
Mellor resultadoCampións (1916, 1917, 1920, 1923, 1924, 1926, 1935, 1942, 1956, 1959, 1967, 1983, 1987, 1995, 2011)

O equipo ao longo da súa historia gañou até en dúas ocasión a Copa do Mundo de Fútbol de FIFA, icluíndo a súa primeira edición na que foron o equipo anfitrión e tras vencer a Arxentina por 4 a 2 na final. Vinte anos despois La Celeste (alcume da seleeción, do castelán: A Celeste) no mundial do Brasil 1950, conseguiu de novo o título tras vencer á favorita, o Brasil, por 2-1 na final, nun episodio que se coñece como o Maracanazo. Ademais de dous títulos mundiais os uruguaios tamén acadaron a vitoria nos torneos de fútbol dos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928, celebrados antes da creación dos mundiais. Así pois, en total a selección ten gañado ao longo da súa historia dezanove títulos oficiais (rexistro compartido coa Arxentina): 2 Copa do Mundo de Fútbol, 2 Xogos Olímpicos, 14 Copa América e o Mundialito.

Historia

O Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola FIFA ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da Copa Mundial de Fútbol, dúas edicións dos Xogos Olímpicos, unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada Mundialito, e catorce edicións da Copa América. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe do Uruguai como país, nos comezos do século XX.[1]

Foi ademais a primeira selección, xunto á da Arxentina, en xogar un partido internacional fóra das Illas Británicas, concretamente o 16 de maio de 1901 en Montevideo, con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, Bos Aires e Montevideo, o 15 de agosto de 1889, onde dous equipos representativos das capitais de ámbolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña Vitoria de Inglaterra. Supostamente o partido tivo lugar no chamado New Ground de La Blanqueada e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.[2]

O alcume da selección, "La Celeste" (do castelán: A Celeste), provén da primeira vitoria internacional do equipo o 15 de agosto de 1910 por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta celeste, adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate uruguaio ante o poderoso Alumni arxentino por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da Copa América 1916, disputada na cidade de Bos Aires.

A nivel mundial, o Uruguai comezou a brillar de xeito temperán cando alcanzou as medallas douradas nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928. A Selección uruguaia cegou en Europa coas súas presentacións olímpicas e gañouse a admiración e o respecto do universo deportivo, colocando ao fútbol suramericano no máis alto plano de consideración nunha época en que devandito continente era aínda ignorado no mapa internacional do fútbol.[3] Durante 76 anos, o Uruguai foi o único país suramericano en ocupar o máximo sitial olímpico, honra actualmente compartida coa Arxentina que dende Atenas 2004 é medalla de ouro, repetindo o logro nos últimos xogos de Pequín 2008. A diferenza é que desde 1930 os títulos olímpicos do fútbol non valen un campionato do Mundo como aqueles. Por iso, o Uruguai recoñécese a si mesmo como tetra-campión do Mundo, e de aí o mantén as catro estrelas no escudo da súa camiseta.

O Uruguai, como Bicampión olímpico, foi elixido para celebrar a primeira Copa Mundial de Fútbol de 1930. Neste torneo, derrotou novamente á Arxentina, por 4-2, alzándose como o primeiro gañador da Copa do Mundo neste deporte. En 1950, o Uruguai confirmou a súa estirpe triunfal derrotando ó Brasil na final da Copa Mundial de Fútbol de 1950. Este evento mítico é coñecido mundialmente como o Maracanazo, un logro deportivo histórico e un dos momentos máis dramáticos e inesquecibles da historia do fútbol. Anos despois, "La Celeste" volveu estar en semifinais dun Mundial de en 1954 e 1970 mais sen a mesma sorte.

A partir de entón, aínda que a nivel continental o fútbol uruguaio seguiu conquistando títulos até mediados dos anos noventa, a nivel Mundial a selección uruguaia non volveu a acadar os resultados de antaño, aínda que en 2010 volveu a acadar as semininais dun mundial, rematando finalmente no cuarto posto. Así e todo, en 1980, o equipo uruguaio consagrouse campión do único e máximo torneo oficial até o momento, a Copa de Ouro de Campións Mundiais, mellor coñecida como Mundialito, torneo organizado pola FIFA que reuniu a todos os Campións do Mundo, fóra de Inglaterra, que se negou a participar, substituída polos Países Baixos, para celebrar o cincuentenario da primeira edición dos campionatos mundiais, que se desenvolveu no Uruguai en 1930. A selección do Uruguai destacouse futbolisticamente tanto a nivel mundial como a nivel continental, compartindo coa Arxentina o primeiro lugar en cantidade de Copas América, ambos con 14, seguidos polo Brasil, con 8. É un dos equipos con máis trofeos do fútbol mundial, o que é aínda máis destacable nun país cunha poboación que apenas supera o tres millóns de habitantes.

Uniforme

Local

Desde o primeiro partido internacional, en 1901, até 1910, o Uruguai non tivo un uniforme oficial. O primeiro partido xogouno co uniforme do club montevideano Albion FC. Durante ese tempo "experimentou" cunha gran cantidade de uniformes, ata que en 1910, con motivo de disputarse VI Copa Lipton fronte á selección de fútbol da Arxentina, esta comunicou oficialmente que adoptara o uniforme celeste e branco. Ante isto o delegado do Montevideo Wanderers, Ricardo Le Bas, propuxo que o Uruguai adoptase así mesmo un uniforme oficial, pero quen fixo súa a moción foi Héctor Rivadavia Gómez, quen naquela época era o diregente da liga Uruguaia de Football.Por ese entón o River Plate FC de Montevideo, tras obter por segunda vez o Campionato Uruguaio de Fútbol, venceu ao equipo porteño Alumni, xogando co seu uniforme alternativo de cor celeste. Debido a este logro, a selección uruguaia adquiriu esa cor para o seu uniforme

1889


1901


1901 – 1910


1901 – 1910


1901 – 1910


1901 – 1910


1901–1910


1910–1934


1935


1936–1990


1991–1996


1997–2009


Dende 2010


Indumentaria
PeríodoProvedor
1978-1984Adidas
1984-1987Le Coq Sportif
1987-1991Puma
1992-1998NR
1998-2004FUF
2004-2006Uhlsport
Dende 2007Puma

Visitante

A camiseta de alternativa de cor vermella foi utilizada por primeira vez durante o Campionato Suramericano de 1935, tamén coñecido como o Suramericano de Santa Beatriz. O último partido do devandito torneo foi disputado o 27 de xaneiro de 1935 entre a Arxentina, que xogou con camiseta de cor branca; e o Uruguai, con camiseta vermella. Os charrúas lograron a vitoria por 3 a 0 e o título suramericano. A camiseta de alternativa vermella foi adoptada formalmente en 1991.

Anterior a 1991 no mundial de 1970 contra Italia por exemplo, utilizouse unha camiseta de alternativa cor branca. Esta utilizouse tamén no mundial de México 1986, na Copa América 1987, na Copa América 1989, no mundial de Italia 1990 e no mundial de Suráfrica 2010 na vitoria por 3 tantos contra 0 ante o país organizador durante a fase de grupos.



Resultados


Copa América

Copa América
1916 Campión1917 Campión
1919Final - 2º lugar1920 Campión
19213º lugar19223º lugar
1923 Campión1924 Campión
1925Retirouse1926 Campión
1927Final - 2º lugar19293º lugar
1935 Campión19374º lugar
1939Final - 2º lugar1941Final - 2º lugar
1942 Campión19454º lugar
19464º lugar19473º lugar
19496º lugar19533º lugar
19554º lugar1956 Campión
19573º lugar19596º lugar
1959 Campión1963Retirouse
1967 Campión1975Semifinais
1979Primeira Rolda1983 Campión
1987 Campión1989Final - 2º lugar
1991Primeira fase1993Cuartos de final
1995 Campión1997Primeira fase
1999Final - 2º lugar20014º lugar
20043º lugar20074º lugar
2011 Campión
2015Cuartos de final
2016Primeira fase
 Táboa xeral: 1º posto
PtsPXPGPEPPGFGCDifRend
3421861043052386212+17461,3%


Enfrontamentos en Mundiais

Partidos da Copa do Mundo (por equipo)
Total: 47 partidos xogados – 18 vitorias – 12 empates – 17 derrotas – 76 goles favor – 65 goles contra
EquipoPXVEDGFGCEquipoPXVEDGFGCEquipoPXVEDGFGC
 Francia312021  Colombia110021  Israel110020
 Suecia310236  Unión Soviética210122  Perú110010
 Alemaña Federal301216  España202022  Senegal101033
 Corea do Sur220031  Italia201102  Bulgaria101011
 Escocia211070  Países Baixos200225  Ghana101011
 Inglaterra211042  Dinamarca200228  Alemaña100123
 México211010  Bolivia110080  Hungría100124
 Arxentina210143  Romanía110040  Austria100113
 Brasil210134  Suráfrica110030  Bélxica100113
 Iugoslavia210174  República Checa110020

Xogadores

Máis partidos disputados

Actualizado a 13 de novembro de 2017

#NomePeríodoPartidosGoles
1Maximiliamo Pereira2005-Presente1244
2Diego Godín2008-Presente1138
3Diego Forlán2002-201411236
4Diego Pérez2001-Presente841
5Diego Lugano2003-Presente828
6Rodolfo Rodríguez1976-198678-
7Fabián Carini1999-200974-
8Enzo Francescoli1982-19977317
10Sebastián Abreu1996-20137026
9Álvaro Recoba1995-20076911
Ángel Romano1911-19276928
11Pablo García1997-2007662

Máximos goleadores da selección

Actualizado a 13 de novembro de 2017.

Luis Suárez, xogador con mellor media anotadora da selección.
#XogadorPeríodoGoles (partidos)Media
1Luis Suárez2007-Presente49 (99)0,50
2Edison Cavani2008-Presente40 (96)0,50
3Diego Forlán2002-201436 (112)0,33
4Héctor Scarone1917-193031 (52)0,60
5Ángel Romano1911-192728 (69)0,41
6Óscar Míguez1950-195827 (39)0,69
7Sebastián Abreu1996-201326 (70)0,37
8Pedro Petrone1923-193024 (29)0,83
9Fernando Morena1971-198322 (53)0,42
Carlos Alberto Aguilera1982-199722 (64)0,34
10José Piendibene1909-192120 (40)0,50

Adestradores

PeríodoAdestrador
1916 Jorge Pacheco
Alfredo Foglino
19171918 Julián Bértola
19191920 Severino Castillo
19201922 Ernesto Fígoli
19221923 Pedro Olivieri
19231924 Leonardo De Lucca
19241926 Ernesto Meliante
1926 Andrés Mazali
Ernesto Fígoli
19271928 Luis Grecco
19281932 Alberto Supicci
19321933 Raúl Blanco
19331941 Alberto Supicci
19411942 Pedro Cea
19421945 José Nasazzi
19451946 Aníbal Tejada
1946 Guzmán Vila Gomensoro
PeríodoAdestrador
19461955 Juan López
1955 Juan Carlos Corazzo
19551957 Hugo Bagnulo
19571959 Juan López
1959 Héctor Castro
19591961 Juan Carlos Corazzo
19611962 Enrique Fernández
19621964 Juan Carlos Corazzo
19641965 Rafael Milans
19651967 Ondino Viera
19671969 Enrique Fernández
19691970 Juan Hohberg
19701973 Hugo Bagnulo
19741974 Roberto Porta
19741975 Juan Schiaffino
19751977 José María Rodríguez
1977 Juan Hohberg
PeríodoAdestrador
19771979 Raúl Bentancor
19791982 Roque Máspoli
19821987 Omar Borrás
19871988 Roberto Fleitas
19881990 Oscar Tabárez
19901993 Luis Cubilla
19931994 Ildo Maneiro
19941996 Héctor Núñez
19961997 Juan Ahuntchaín
19971998 Roque Máspoli
19982000 Víctor Púa
20002001 Daniel Passarella
20012003 Víctor Púa
20032004 Juan Ramón Carrasco
20042006 Jorge Fossati
2006 Oscar Tabárez

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: