Gonzalo Becerra Souto
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Vilaicente, España |
Morte | 12 de febreiro de 1976 (65/66 anos) Vilaicente, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Gonzalo Becerra Souto, nado en Vilaicente (As Nogais) en 1910 e finado no mesmo lugar o 12 de febreiro de 1976, foi un político galego que estivo corenta anos agochado.
Foi canteiro en Francia. Na época da República conducía unha camioneta baixando carbón de Fabeiro a Ponferrada. Militante da CNT. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba na casa dos seus pais José e Rufina en Vilaicente cos seus irmáns Manuel e Ovidio. Sabéndose en perigo fuxiu co seu irmán Manuel, membro do comité comunista de Vilaicente, e agochouse en varias casas e finalmente, en agosto, no domicilio paterno. En represalia detiveron ao seu pai José Becerra Lage, que estivo preso no campo de concentración de Arnao.[1] Gonzalo agochouse nun tobo de dous metros cadrados escavado ao pé da súa casa ao que accedía de costas para poder saír de cara; saía polas noites para estirar as pernas. Foi atendido pola súa nai e o seu irmán Ovidio, que lle traía papel e novelas do Oeste. Parece que tivo contacto co guerrilleiro Abelardo Gutiérrez Alba.[2] Estivo 40 anos agochado nese tobo. Durante ese tempo escribiu un diario, que foi recuperado e doado polo seu irmán Ovidio ao proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.