Jacques Tourneur
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jacques Thomas 12 de novembro de 1904 12.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 19 de decembro de 1977 (73 anos) Bergerac, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | director de cinema , actor , montador , realizador |
Período de actividade | 1931 - |
Lingua | Lingua inglesa e lingua francesa |
Familia | |
Pai | Maurice Tourneur (pt) |
|
Jacques Tourneur, nado en París o 12 de novembro de 1904 e finado en Bergerac (Dordoña) o 19 de decembro de 1977 foi un director de cinema franco-estadounidense, coñecido polos seus filmes de terror para a RKO Studios.
Nado en París, era fillo do director Maurice Tourneur,[1] co que se mudou aos Estados Unidos con dez anos.[1] Iniciouse no cinema mentres estudaba no instituto como extra e como anotador en varios filmes mudo.[1] Pai e fillo volveron a Francia tralo seu traballo en The Mysterious Island.[1]
Tourneur comezou a traballar como montador e axudante de director e debutou como director na curtametraxe francesa Tout ca ne vaut pas l'amour en 1931.[1] En 1934 volveu a Hollywood, onde conseguira un contrato con MGM Studios. Mentres traballaba como director da segunda unidade no filme A Tale of Two Cities coñeceu o produtor Val Lewton.
A súa primeira longametraxe como director foi They All Come Out en 1939. Dous anos despois foi despedido da MGM e acollido por Lewton para rodar varios aclamados filmes de terror de baixo orzamento para RKO Studios, como A muller pantera e Eu andei cun zombi.[1] A pesar de que A muller pantera fose considerado un filme de serie B o seu estilo de iluminación e fotografía foi imitado innumerables veces. Tourneur foi entón ascendido á primeira categoría de directores da RKO, dirixindo filmes como Retorno ao pasado e Berlín Express.[1] Na década de 1950 converteuse en director independente e realizou filmes de distintos xéneros como O falcón e a frecha, Stars in My Crown e Night of the Demon. Os seus últimos filmes, A comedia dos terrores (1963) e War-Gods of the Deep (1965) foron protagonizados por Vincent Price.
Nos últimos anos da súa carreira dirixiu episodios de series de televisión, ata que se retirou en 1966 e volveu a Francia.[1]
Curtametraxes
Longametraxes
Control de autoridades |
|
---|