Modesto Brocos
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1852 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1936 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Gravado ![]() |
Ocupación | pintor , debuxante , escritor , escritor de ciencia ficción , gravador ![]() |
Movemento | Realismo ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Isidoro Brocos ![]() |
![]() ![]() |
Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.
Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba no Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.
En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.
De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisiense. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.
Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).