Partido Comunista de Galicia
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Partido Comunista de Galicia (PCG) | |
---|---|
Federación Galega do PCE | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Eva Solla |
Mocidades | Xuventude Comunista |
Historia | |
Fundación | 1968 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Eurocomunismo Galeguismo Federalismo Republicanismo |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 0 / 75 |
Congreso dos deputados | 1 / 350 |
Senado | 0 / 266 |
Outros datos | |
Sede | Rúa Dublín 8, baixo dereita, Santiago de Compostela |
Publicación | A Voz do Pobo |
Na rede | |
pcgalicia.org | |
O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.
O PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE. O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez.
A actual secretaria xeral é Eva Solla, elixida no XIII Congreso do 4 de outubro de 2014 cun 95% dos votos dos delegados (a primeira muller na historia do PCG en desenvolver o cargo).