Circunscrición electoral de Ourense

circunscrición electoral do Congreso dos Deputados

A circunscrición electoral de Ourense é unha das 52 circunscricións electorais españolas empregadas como distritos electorais para o Congreso dos Deputados e o Senado, que son as Cámaras Baixa e Alta do Parlamento español. Correspóndenlle 4 deputados e 4 senadores.[1]

Circunscrición de Ourense
Cortes Xerais
* Congreso: 4 deputados (de 350)
* Senado: 4 senadores (de 266)
Parlamento de Galicia
* 14 deputados (de 75).

A circunscrición, que se corresponde coa provincia de Ourense, tamén é unha das 4 circunscricións electorais de Galicia para as eleccións autonómicas,[a] nas que elixe 14 deputados.

Ámbito da circunscrición e sistema electoral

En virtude dos artigos 68.2 e 69.2 da Constitución Española de 1978,[3] os límites da circunscrición deben ser os mesmos ca os da provincia de Ourense, e en virtude do artigo 140, isto só pode modificarse coa aprobación do Congreso dos Deputados. O voto é sobre a base de sufraxio universal secreto. En virtude do artigo 12 da constitución, a idade mínima para votar é de 18 anos.

No caso do Congreso dos Deputados, o sistema electoral empregado é a través dunha lista pechada con representación proporcional e con escanos asignados usando o método D'Hondt. Só as listas electorais co 3 % ou máis de todos os votos válidos emitidos, incluídos os votos «en branco», é dicir, para «ningunha das anteriores», pódense considerar para a asignación de escanos. No caso do Senado, o sistema electoral segue o escrutinio maioritario plurinominal. Elíxense catro senadores e os partidos poden presentar un máximo de tres candidatos. Cada elector pode escoller até tres senadores, pertenzan ou non á mesma lista. Os catro candidatos máis votados son elixidos.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

  • Linz, Juan J.; Montero, José Ramón; Ruiz, Antonia Mª (2005). En: Albert Carreras e Xavier Tafunell (Eds.); con la colaboración técnica de Raimon Soler; prólogo de Josep Fontana. "Elecciones y política" (PDF). Estadísticas históricas de España: Siglos XIX-XX (2.ª ed.) (Bilbao: Fundación BBVA): 1027–1154. ISBN 84-96515-00-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015.