Łukasz Piszczek

futbolista polaco

Łukasz Piszczek, nado o 3 de xuño de 1985 en Czechowice-Dziedzice, é un futbolista polaco. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Borussia Dortmund. Anteriormente, xogou no Hertha BSC e no Zagłębie Lubin. Ademais, é internacional na selección de Polonia.

Łukasz Piszczek
Piszczek co Hertha BSC en 2009
Información persoal
NomeŁukasz Piszczek
Nacemento3 de xuño de 1985 (38 anos)
Lugar de nacementoCzechowice-Dziedzice
Altura1,84 m.
PosiciónLateral dereito
Información de club
Club actualBorussia Dortmund
Número26
Carreira xuvenil
LKS Goczałkowice-Zdrój
2001–2004Gwarek Zabrze
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2004–2010Hertha BSC68(3)
2004–2007→ Zagłębie Lubin (cedido)70(15)
2010–Borussia Dortmund98(7)
Selección nacional
2008–Polonia35(2)
Na rede
FIFA: 216955 UEFA: 74029 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de agosto de 2013.
Selección: actualizado a 26 de marzo de 2013.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Club

En 2001, Piszczek chegou ao Gwarek Zabrze, co cal gañou o campionato júnior polaco en 2003. En 2004, converteuse no máximo goleador do Campionato de Europa sub-19, e xusto despois asinou co Hertha Berlin, sendo inmediatamente cedido ao Zagłębie Lubin. Co Zagłębie, gañou a liga polaca na tempada 2006–07, e xogou principalmente de interior esquerdo, aínda que tamén foi utilizado coma dianteiro centro en varias ocasións. Anotou 11 goles na tempada 2006–07, sendo o segundo máximo goleador do equipo.

En outono de 2007, o Hertha chamou ó xogador de volta. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 26 de abril de 2008, dándolle o empate ó seu equipo contra o Hannover 96. Na súa segunda tempada comezou a xogar de lateral dereito.

O 19 de maio de 2010, foise gratis ao Borussia Dortmund, asinando un contrato ata xuño de 2013.[1] O 26 de xullo de 2011, asinou unha extensión do seu contrato ata xuño do ano 2016.[2]

Selección

Piszczek fixo a súa primeira aparición coa selección de Polonia nun amigable contra Estonia o 3 de febreiro de 2007. O 6 de xuño de 2008, foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008. Tan só xogou un partido contra Alemaña, pero se lesionou na sesión de adestramento para o seguinte partido, e non participou en ningún encontro máis.

Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés

Club

Zagłebie Lubin
2006–07
Borussia Dortmund
2010–11, 2011–12
  • Copa de Alemaña: 1
2011–12

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas