101955 Bennu

asteroide

101955 Bennu é un asteroide próximo á Terra duns 490 metros de diámetro e unha masa de 6 × 1010 kg.[3] O seu achegamento máximo ó Sol (perihelio) está na parte interior da órbita da Terra e o seu afastamento máximo (afelio) chega case á órbita de Marte. Con todo, non intercepta a órbita da Terra debido a que a órbita do asteroide está noutro plano orbital. Está clasificado como un asteroide Apolo[2] (asteroides con órbitas próximas á órbita da Terra).

101955 Bennu
Descubrimento e clasificación
Descuberto porLinear
Descuberto o11-09-1999
Categoría no MpcApolo, potencialmente perigoso
Designación provisional1999 RQ36
Características orbitais
Época= 2455562,5 (31-07-2015) TDB[1]
Afelio1.356 UA
Perihelio0.8969 UA
Eixo semi-maior1.126 UA
Excentricidade0.2037
Período orbital436.6 días
Velocidade orbital28.0 km/s
Inclinación orbital6.035 °
Anomalía media101.7 °
Lonxitude do nodo ascendente2.061 °
Argumento do periastro66.22 °
Características físicas
Diámetro490 m
Magnitude absoluta20.812
Órbita do asteroide 101955 Bennu comparada coa dos planetas interiores, onde se mostra a posición do asteroide en novembro de 2015.[2]

Este asteroide foi seleccionado para ser visitado pola sonda espacial OSIRIS-REx no ano 2018 (o seu lanzamento foi o 8 de setembro de 2016). Esta sonda recollerá mostras de po do asteroide cun brazo robótico e transportaraas á Terra. Estímase que poderá recoller máis de 60 gramos. A recollida de mostras producirase no ano 2020 e o regreso á Terra coas mostras será no 2023.[4]

Descubrimento e nome

Bennu foi descuberto polo equipo do Lincoln Near-Earth Asteroid Research dende Socorro, Novo México, Estados Unidos, o 11 de setembro de 1999.[1] Recibiu orixinalmente a designación 1999 RQ36. Cando se seleccionou como destino da sonda espacial, a Sociedade Planetaria fixo un concurso para poñerlle nome. O concurso gañouno un neno de nove anos que suxeriu o nome Bennu, un paxaro asociado ó deus exipcio Osiris.[5]

Parámetros orbitais

Bennu orbita a unha distancia media de 1 126 UA do Sol, podendo achegarse ata 0.8969 UA e afastarse ata 1 356 UA. Ten unha excentricidade de 0.2037 e unha inclinación orbital de 6.035 graos. Emprega en completar unha órbita arredor do Sol 436.6 días. O movemento de Bennu sobre o fondo estelar é de 0.8245 graos por día.[1]

Bennu é un dos asteroides potencialmente perigosos.[1]

Características físicas

A magnitude absoluta de Bennu é 20.9 e o período de rotación de 4.276 horas.[1][6]

O asteroide é unha acumulación de entullos de diferentes tamaños. Pequenos croios saen despedidos do asteroide dende o seu ecuador, regresando á superficie, mais algúns quedan en órbita. Esta observación efectuouna a sonda OSIRIS-REx o 19 de xaneiro de 2019. A causa deste fenómeno radica na baixa gravidade, sumada á rápida rotación, polo que un croio pode poñerse en órbita adquirindo unha velocidade baixa, por exemplo, rodando por unha das súas ladeiras (a atracción gravitacional na superficie do asteroide é de tan só 8 millonésimas de g nos polos pero no ecuador, debido á rápida rotación, a atracción redúcese a 3 millonésimas de g).[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: