7-Metilguanosina

A 7-metilguanosina (m7G) é un nucleósido púrico modificado. É unha versión metilada da guanosina. Fórmase ao engadir encimaticamente un grupo metilo durante o procesamento do ARNm á guanosina situada no extremo 5' formando a carapucha 5' ou 5'-cap. A 7-metilguanosina está unida ao ARNm por un infrecuente enlace 5′-5′ trifosfato. Xoga un papel no ARN como grupo bloqueador do extremo 5'. Ademais de no ARNm está presente tamén no ARNt e no ARNr. Cando se encontra na urina humana, pode ser un biomarcador de varios tipos de cancro.[1]

7-Metilguanosina
Identificadores
Abreviaturasm7G; m7G
Número CAS20244-86-4
PubChem445404
ChemSpider393054
ChEBICHEBI:20794
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC11H16N5O5
Masa molar298,28 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Situación da 7-metilguanosina na carapucha do extremo 5' do ARNm, unida polo seu peculiar enlace 5'-5' trifosfato.
ARNt no que se observa a presenza da 7-metilguanosina (m7G).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas