Abel Tomé

xornalista e escritor galego

Abel Tomé, nado en Outes en 1984, é un xornalista e escritor en lingua galega.

Infotaula de personaAbel Tomé
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Outes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX5823479 Dialnet: 5458145

Traxectoria

Estudou secundaria no IES Poeta Añón. Fixo un ciclo de Frío Industrial e chegou a traballar como soldador. Logo estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. En 2018 realizou un mestrado en Dereitos Humanos.[1]

En 2017 quedou finalista do Premio Illa Nova de Narrativa con A noite do corvo.[2] Este libro foi traducido ao inglés polo tradutor Jonathan Dunne.

En 2019 gañou o mesmo premio con A noite do lobo, na que o xurado destacou que «o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes»;[3] e ademais subliñou que "o dominio da lingua e a escolla dos topónimos e antropónimos colaboran, sen dúbida, a engrandecer a ficción".[4]

En 2022 quedou finalista do Premio Merlín con Liliam Strawberry e o paxaro da morte.[5]

Obras

Infanto-xuvenil

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas