Acipenser

Acipenser é un xénero de peixes condrósteos, que é o tipo da subfamilia dos acipenserinos, da familia dos acipenséridos e da orde dos acipenseriformes.

Comprende 22 especies, segundo a clasificación do ITIS, ou 17, segundo a de FishBase,[2] que son os esturións máis típicos, ou esturións propiamente ditos.

Etimoloxía

A etimoloxía de Acipenser é incerta; unha simple etimoloxía latina é improbábel debido ao feito da súa terminación en -er.

Porén, o termo podería derivar de acupensum vía acipensis seguida dalgúns reaxustes morfolóxicos, derivado de acus, que significa "agulla", e pensum termo que representaba a cantidade de la que debía tecerse nun día.

Acipenser designaría, daquela, o peixe coas barbelas en forma de agulla de calcetar, o que caracteriza ben o rostrum do animal.[3]

Especies

Nota: Entre parénteses, os mares, ríos ou lagos onde vive cada especie ou, no seu caso, subespecie.[2]

Nomes galegos dalgunhas especies

Lahuerta e Vázquez propoñen nomes galegos para algunhas das especies do xénero Acipenser que teñen maior importancia pesqueira e comercial:[4]

  • Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833 =
    Acipenser gueldenstaedtii colchicus Marti, 1940sollo rei do Danubio ou esturión do Danubio
  • Acipenser medirostris Ayres, 1854sollo rei verde ou esturión verde
  • Acipenser naccarii Bonaparte, 1836sollo rei do Adriático ou esturión do Adriático
  • Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828sollo rei ventre nu ou esturión ventre nu
  • Acipenser stellatus Pallas, 1771sollo rei estrelado ou esturión estrelado
  • Acipenser sturio Linnaeus, 1758sollo rei
  • Acipenser transmontanus Richardson, 1836sollo rei branco

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: