Aerolíneas Federales

Aerolíneas Federales é un grupo musical formado en Vigo como un proxecto paralelo de Miguel Costas, membro e fundador de Siniestro Total, no ano 1981. A banda disolveuse a principios dos anos 90 tras publicar 5 álbums de estudio, pero en 2011 reuniríase novamente realizando concertos esporadicamente e publicando un par de traballos recompilatorios e un álbum ao vivo.

Aerolineas Federales
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período1986 - 1989
2011 - presente
Xénero(s)pop rock
MembrosMiguel Costas
Flechi
Silvino Díaz
Coral Blázquez
Rosa Costas
Silvia Superstar
Na rede
https://web.archive.org/web/20160304115615/http://www.aerolineasfederales.com
Spotify: 006cVD18msU9HBrB4aNS5Z iTunes: 122301470 Musicbrainz: 04d8c05d-8de1-4d08-a9b5-4ee2a479802b Discogs: 993434 Allmusic: mn0001691208 Deezer: 16521 Genius: Aerolineas-federales Editar o valor em Wikidata

Historia

O grupo foi formado en Vigo en 1981 por Miguel Costas e os seus amigos Flechi (Juan Dotras Pardo) e Silvino Díaz.[1] Nos seus inicios traballaban con guitarra, baixo e caixa de ritmos, pero en 1983 incorporouse ao grupo o batería Luis Santamarina e Flechi pasou a ser o cantante da banda. Ese mesmo ano, gañaron o concurso de rock de Radio 3 na Coruña e Flechi abandonou o grupo para liderar a formación Las Termitas. Flechi morreu dun infarto en Londres no ano 2002.[2]

A seguinte formación da banda estivo composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e dúas mozas, Coral Alonso e Rosa Costas, irmá de Miguel, realizando cancións con guitarras potentes e letras divertidas, sendo nalgúns casos surrealistas. Esta formación lanzaría os catro primeiros álbums da banda, o homónonimo Aerolíneas Federales (1986), Hop hop (1987), Tomando tierra (1988) e Échame sifón (1989), todos eles a través da discográfica DRO.[2]

Coral deixou a banda tras o cuarto disco e foi substituída por Silvia Superstar. Con Silvia o grupo publicou o seu derradeiro álbum de estudio, Una o ninguna, en 1991. Miguel Costas acabou índose tamén; o grupo completo desapareceu a mediados dos 90, logo dunhas colaboracións no programa Xabarín Club, da televisión de Galicia. Miguel Costas formou o grupo Os Feliz[3], mentres que Silvia engadiuse Superstar e foise ás Killer Barbies.

Na primavera do ano 2011 a banda reuniuse novamente para realizar dous concertos en Lima, e no mes de novembro confirmaron unha nova actuación en Barcelona.[4] O 20 de febreiro de 2012 o selo Elefant Records editou unha colección de maquetas do grupo, titulada Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993,[5] que foi o primeiro recompilatorio da serie Recuerdos que olvidé.[6]

No ano 2015 a banda publicou a través do selo Lemuria Music o recompilatorio de oito temas @AAFF#715.[7] En xaneiro de 2016 Aerolíneas Federales realizou un concerto con Los Nikis na madrileña sala Arena e a actuación sería publicada en novembro dese mesmo ano nun disco titulado No todo es lo que parece.[8]

Discografía

O grupo sacou ó mercado cinco álbums ó longo da súa carreira[9] e tras a súa reunión en 2011 publicaría dous recompilatorios e un álbums ao vivo:[10]

ÁlbumAnoSeloNotas
Aerolíneas Federales1986DROestudio
Hop hop1987DROestudio
Tomando tierra1988DROestudio
Échame sifón1989DROestudio
Una o ninguna1991BMG-ARIOLAestudio
Hasta el final y más allá… Demos 1983-19932012Elefant Recordsrecompilatorio
@AAFF#7152015Lemuria Musicrecompilatorio
No todo es lo que parece2016Lemuria Musicao vivo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas