Alberto Barreiro Docampo
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Moaña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , músico , actor , profesor de ensino secundario |
Lingua | Lingua galega |
Alberto Barreiro Docampo, nado en Moaña en 1974, é un filólogo, músico, actor, director e dramaturgo galego, máis coñecido como Warren.
Licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e foi redactor para os Informes de literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Impartiu cursos de música tradicional en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros galegos do exterior de Terrassa (Barcelona) (1998), Os Ánxeles (California) (1999) e Centro Galego do Val Miñor de Buenos Aires (Arxentina) (1999).
No curso 2023-24 é profesor de secundaria no IES Afonso X O Sabio de Cambre.[1]