Alfa-catenina

(Redirección desde «Alfa catenina»)
catenina (proteína asociada á cadherina), alfa 1, 102kDa
Identificadores
SímboloCTNNA1
Entrez1495
HUGO2509
OMIM

116805

RefSeqNM_001903
UniProtP35221
Outros datos
catenina (proteína asociada á cadherina), alfa 2
Identificadores
SímboloCTNNA2
Entrez1496
HUGO2510
OMIM

114025

RefSeqNM_004389
UniProtP26232
Outros datos
catenina (proteína asociada á cadherina), alfa 3
Identificadores
SímboloCTNNA3
Entrez29119
HUGO2511
OMIM

607667

RefSeqNM_013266
UniProtQ9UI47
Outros datos

A alfa-catenina é unha proteína que se cre funciona como unha proteína de enlace entre as cadherinas e os microfilamentos de actina do citoesqueleto.[1] É un dos catro tipos de cateninas que se coñecen (alfa, beta, gamma, delta). A proteína que se une á actina vinculina[2] e a alfa-actinina[3] poden unirse á alfa-catenina. Porén, polo momento non se puido illar un complexo que incluíse a cadherina, a actina, a beta-catenina e a alfa-catenina. Suxeriuse que a alfa-catenina non se une con grande afinidade ao mesmo tempo aos filamentos de actina e ao complexo E-cadherina-beta-catenina.[4] Observouse que cando a alfa-catenina non está en complexo molecular coa beta-catenina, dimerízase e funciona regulando a ensamblaxe dos filamentos de actina, posiblemente ao competir coa proteína Arp2/3.[5]

A secuencia de aminoácidos da alfa-catenina ten unha semellanza de secuencia coa da vinculina.[6]

Tipos

Hai tres xenes humanos de alfa-cateninas:

  • alfa-1-catenina (tamén chamada alfa-E-catenina)
  • alfa-2-catenina (tamén chamada alfa-N-catenina)
  • alfa-3-catenina (tamén chamada alfa-T-catenina)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas