Alosa (xénero)

Para o glícido de mesmo nome véxase Alosa

Alosa é un xénero de peixes teleósteos eurihalinos da familia Clupeidae. Trátase dun taxon —que é o tipo da subfamilia dos alosinos (Alosinae, Svetovidov, 1953)— cuxos representantes son peixes mariños, pero que son capaces de remontaren os ríos, coñecidos como zamborcas.

Distribúense polas costas do océano Atlántico e o mar Mediterráneo, con algunha especie presente no golfo Pérsico.

Etimoloxía

Alosa deriva do latín tardío alosa ou alausa certo peixe citado por Ausonio, quizais influído polo grego ἅλς, ἅλός háls, halós "sal", é dicir, do sal, aludindo á presenza destes peixes en augas salobres.

Taxonomía

A sistemática do xénero é extremadamente complexa: as especies de Alosa viven en multitude de hábitats distintos, e moitos taxons son migratorios. Incluso hai poblacións recluídas en lagos —en Killarney (Irlanda) e en dous lagos do norte de Italia— cun fluxo xenético nulo fóra do núcleo confinado endogámico. Tamén hai especies nativas dos mares Negro e Caspio, así como do golfo Pérsico.

A súa morfoloxía é variada, estando moi relacionada coa adaptación aos hábitats nos que o taxon vive. Asúmese que algúns taxa son de evolución recente, o que se deduce mediante modernas técnicas de datación molecular. Ademais, parece que o fenómeno da hibridación foi moi común na evolución do grupo durante a súa filoxenia.[1]

Porén, logrouse definir unha taxonomía tentativa. As especies norteamericanas, excepto A. sapidissima poden escindirse nun subxénero, ou mesmo nun xénero, denominado Pomolobus. Por outra parte, outro xénero ou subgénero proposto Caspaliosa, que agruparía ás especies do mar Caspio, resultou ser parafilético e, por tanto, rexeitado.[1]

Especies

(Nota: os nomes vulgares galegos son os propostos por Lahuerta e Vázquez).[2]

Alosa aestivalis.
Alosa alosa.
Alosa pseudoharengus.
Alosa sapidissima.
  • Alosa aestivaliszamborca azul
  • Alosa agone
  • Alosa alabamae
  • Alosa alosazamborca
  • Alosa brashnikovi
  • Alosa caspiazamborca do Caspio
    • Alosa caspia caspia
    • Alosa caspia knipowitschi
    • Alosa caspia persica
  • Alosa chrysochloris
  • Alosa fallaxsabela
    • Alosa fallax nilotica
  • Alosa immaculata - ás veces como A. pontica
    • Alosa immaculata kessleri
  • Alosa macedonica
  • Alosa maeotica
  • Alosa mediocriszamborca mediocre
  • Alosa ponticazamborca do mar Negro
    Sinónimos:
  • Alosa pseudoharenguszamborca cinsenta
  • Alosa sapidissimazamborca americana
  • Alosa saposchnikowii
  • Alosa sphaerocephala
  • Alosa tanaica
  • Alosa tenualosa
    • Alosa tenualosa ilisha
  • Alosa vistonica

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Svetovidov, A. N. (1943): "O xénero Alosa nos mares Caspio e Negro e as condicións da súa especiación". Zool. Journal. 22 (4) S.: 222-232. (en ruso)
  • Svetovidov, A. N. (1952): Fauna da URSS. Peixes. Volume 2, nº 1. Clupeidos (Clupeidae). Moscova-Leningrado: Editorial da Academia Rusa das Ciencias. (en ruso)

Outros artigos

Ligazóns externas