Amebíase

A amebíase[1] é unha infestación[2] causada por un parasito protozoo, a Entamoeba histolytica, morfoloxicamente idéntica á Entamoeba dispar, que non obstante non é un patóxeno.[3]. É unha das infeccións máis comúns do mundo, e causa da morte de entre 40.000 e 100.000 persoas ao ano, a maioría en países do Terceiro Mundo[4].

Ciclo biolóxico da Entamoeba histolytica
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Patoloxía

Os quistes da Entamoeba histolytica entran no corpo humano a través da auga ou pola comida non cociñada, contaminada por feces humanas. Unha vez dentro os quistes aséntanse no colon e liberan os trofozoítos[5]. Se os parasitos invaden a membrana mucosa poden provocar úlceras que se poden esparexer por todo o intestino causando severas hemorraxias, pero só en moi raros casos chegan a perforar o intestino[6]. Secundariamente pode causar infeccións cutáneas, con ulceracións máis frecuentes na zona perianal e xenital[7].

A Entamoeba histolytica non ten un período de incubación definido, e mesmo pode permanecer anos en estado latente[8].

Notas

🔥 Top keywords: