Angry Birds

serie de videoxogos

Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle,[1] os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme. En xaneiro de 2014 a franquía sumaba máis de 2 billóns de descargas en tódalas plataformas, incluíndo as edicións normais e as especiais:[2][3] e en xullo de 2015, a serie de videoxogos tiña tres billóns de descargas colectivas,[4] converténdose na serie de videoxogos máis descargada de tódolos tempos. O Angry Birds orixinal está considerado como "un dos xogos máis populares do momento",[5] "one of the great runaway hits of 2010",[6] e "o meirande éxito dunha aplicación móbil que vira o mundo".[7] The Angry Birds Movie é un filme baseado na serie de xogos que se estreou por Columbia Pictures o 20 de maio de 2016, e a secuela do primeiro título da serie, Angry Birds 2, foi estreado o 30 de xullo de 2015.

Logo de Angry Birds.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: