Arcadio Silvosa

xornalista e concelleiro de Lugo

Arcadio Silvosa Alonso, nado en San Xiao de Mos[1] o 7 de agosto de 1958,[2] e finado en Lugo o 9 de xaneiro de 2023, foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaArcadio Silvosa
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata
San Xiao de Mos, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Hospital Universitario Lucus Augusti, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , concelleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Foi alumno do Instituto masculino de Lugo, onde recibiu clase de Xesús Alonso Montero, e onde coincidiu con Cuchús Pimentel.

Traballou como xornalista desde a década dos oitenta. Primeiro empezou no xornal El Ideal Gallego, na súa delegación luguesa, e despois deu o salto á radio, onde traballou na Ser (Radio Lugo) durante moitos anos. Na Ser foi unha referencia na cidade e chegou a ocupar o posto de xefe de informativos.[1]

Ademais, tamén traballou como xornalista de televisión, en Televisión Lugo (fundada por Xulio Xiz), e na prensa escrita (delegado en Lugo de El País e da axencia EFE).[1] Tamén ocupou cargos directivos na Asociación de Prensa de Lugo e foi secretario da Asociación de Veciños de San Froilán.[2]

En 2011 presentouse na candidatura do PP ás eleccións municipais por Lugo como número dous,[3] logo de Xaime Castiñeira, e saíu escollido concelleiro. Porén, non ocupou responsabilidades de xestión, senón na oposición. En 2012 sufriu un ictus, que o deixou paralizado de medio corpo, e abandonou a vida política. Presentouse de maneira simbólica pechando a lista do PP nas eleccións de 2015 pero loxicamente tampouco saíu elixido.

Retirado a unha residencia de Outeiro de Rei, pasou alí os derradeiros anos,[4] se ben faleceu no hospital lugués.[3]

Notas