Saltar ao contido

Através Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Através Editora
Logo
Tipoeditorial
Data de fundación2010
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.atraves-editora.com/
Facebook: AtravesEditora Twitter: atraveseditora Youtube: UCOtlvMEetZDfMZGVPY9vpXg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Através Editora é un selo editorial pertencente á Associaçom Galega da Língua (AGAL), que desde o ano 2010[1] substitúe a AGAL-Editora[2].

Característicaseditar a fonte

O propósito é amparar a produción literaria no reintegracionismo e tentar abrir camiño da literatura galega á lusofonía. As antigas coleccións Criaçom, Universalia e Clássicos viraron Através das Letras, Através das Ideias e Através de Nós, respectivamente. Creouse, ademais, unha nova colección, Através da Língua[3].

Coleccións[4]editar a fonte

Através das Letras é unha sección centrada nas obras de creación narrativa e poética. Nos últimos anos son varias as obras literarias e autores que desde estes parámetros tiveron unha certa repercusión no panorama literario galego. O obxectivo é amplificar esta vía en Galiza e potencializala no mercado portugués. Nesta colección están as obras Noente Paradise. Poemas e canções de Ugia Pedreira, Animais, de Séchu Sende, Vicentinho e as Árvores da Paz de Touporroutou, Poemas no Faiado. Antologia de poesia lusófona para crianças, Abraço de Ferro de Carlos Santiago, Adelaida de Artur Alonso, Nântia e a cabrita d'ouro de Concha Rousia, A noiva e o navio de Susana Sánchez Arins, Mordida de Eugénio Outeiro, Janela Aberta de José Alberte Corral, Sete ch'iens a um posso de Sílvia Capom, Outra Vida de Mário Herrero Valeiro, O crânio de Castelao (varios autores) e Prédios de Thalámas Salamatu.

Através das Ideias acolle ensaios non centrados nunha temática lingüística. Combina obras orixinais con traducións que non estean a chegar ao mercado portugués e/ou que a Galiza só chegan en castelán, como ensaios sobre a temática nacional, que teñen grande importancia en España, e inclusive en Europa, mais que pasan bastante desapercibidos no mercado portugués. Nesta colección están as obras Parecia não pisar o chão de Carlos Taibo, Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa en Galiza (1890-1940) de Dionisio Pereira, Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas de Teresa Moure, Livros que nom lê ninguém. Poesia, movimentos sociais e antagonismo político na Galiza de Isaac Lourido e O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: O caso galego de Xoán Carlos Carreira Pérez e Emilio V. Carral Vilariño.

Através de Nós está centrada na publicación de obras clásicas das letras galegas mais tamén libros de temática galega, que axuden a percibir como é -e por que é así- a Galiza de hoxe. Estes últimos son ensaios divulgadores centrados en temáticas moi diversas, como a historia, xeografía, antropoloxía ou economía. Estas obras son Sempre em Galiza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Bandeiras da Galiza de José Manuel Barbosa, Carvalho Calero ATUAL de Ricardo Carvalho Calero e varios autores, PGL 10. A nossa língua na rede, a nossa língua no mundo, Conversas com Isaac Alonso Estraviz de Bernardo Penabade, Valle-Inclán lusófilo: documentos (1900-1936) de Rosário Mascato, DdoOLeR (2007-2014). 8 anos celebrando o Dia da toalha na Galiza, e Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego de Helena Miguélez-Carballeira.

Através da Língua é a nova colección integrante da Através Editora que non ten antecedente directo nas antigas coleccións da AGAL Editora. A produción galega en temática lingüística ou sociolingüística é enorme.

Tamén están nesta colección as seguintes obras:

  • Por um galego extenso e útil, da Comissom Linguística da AGAL
  • Do Ñ para o NH, de Valentim R. Fagim
  • Manual de galego científico, de Carlos Garrido e Carlos Riera
  • 101 falares com jeito, de Fernando V. Corredoira
  • Guerra de Grafias. Conflito de elites", de Mário Herrero Valeiro
  • O galego é uma oportunidade, de Valentim R. Fagim e José Ramom Pichel
  • O modelo lexical galego, da Comissom Linguística da AGAL
  • Galego, português, galego-português?, de Arturo de Nieves e Carlos Taibo
  • Quem fala a minha língua?
  • Falar a Ganhar, o valor do galego, coord. Manuel César Vila
  • Quês e porquês do reintegracionismo
  • Breve história do reintegracionismo, de Tiago Peres Gonçalves

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Ligazóns externaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial